Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 19 de junio de 2010

Vitorias de Irea, Zaida e Raúl na Praia de Eiras




Grande xornada de ciclismo a de hoxe na Praia de Eiras donde se disputou o II Trofeo de Mini BTT-Comunidade de Montes de Eiras organizado polo Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores coa colaboración da citada Comunidade de Eiras, Banco Mediolanum, Concello do Rosal, Carpal Rosal S.L. e Ferretería Loymar entre outros.
E como non podía ser de outra maneira os nosos ciclistas fixeronse notar diante do seu público xa que corrían na casa e iso notouse nos resultados xa que dos quince Trofeos que había en xogo, cinco deles quedaron no Rosal.
Estes foron os resultados: En Pre-Benxamíns David Rodríguez foi 8º, Marcos Vasconcellos 10º e Alberto García 11º.
En Promesas Iago Alvarez fixo 4º en masculino e foi en femenino donde chegou o primeiro exito da tarde co 1º posto de Irea Villa.
En Principiantes os nosos representantes foron Mario Fernández e Manuel Pereira que fixeron 21º e 22º respectivamente.
En Alevín masculino Manuel Dorna foi 5º e Xoel Villa 7º e na mesma categoría pero desta vez en femenino acadouse un doble pódio donde chegou outra vitória desta vez da man de Zaida González e Claudia Portela 3ª e a irmán desta última, Elsa 4ª.
E foi na categoría dos "maiores" Infantís donde se acadou outro dobre podio cunha traballadísima vitória de Raúl Fernández que aparte de estar arrasando na modalidade de estrada, tamén nos demostra que pa unha carreira de MiniBTT que disputa, non defrauda os seus seguidores o mesmo que Cristóbal Coimbra que se fixo co 3º posto poñendo así fín a unha tarde de éxitos para os corredores rosaleiros.
Fotos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario