Despois de proclamarse Subcampión Galego e 5º no Campionato de España de Ciclo-cross,
Toni segue facendo historia no Club Ciclista O Rosal xa que hoxe en Porriño proclamouse Subcampión Galego Cadete na modalidade de Contra-reloxo Individual a tan só 4 segundos do vencedor que foi David Seage do C.C. Padronés-Aluminios Cortizo. A piques de facerse co terceiro posto quedou Manuel González que pola minima diferenza dun segundo non pudo subir o caixón tendo que conformarse co 4º lugar da clasificación. Salientar tamén de maneira moi positiva a actuación dos outros compañeiros de equipo con Iván Morais 8º, Alex Lomba 12º, Pablo Cividanes 15º, Kevin Rodríguez 18º, Adrián Vicente 27º e Adrián Dorna 37º.
Na categoría Junior, esforzo e vontade non lle faltou os nosos acadando Brais Gonzalez o posto 22º e Miguel Rodríguez 26º despois de sofrer un pinchazo que o obrigou a ter que parar e cambiar de montura.
Clasificacións Fotos
No hay comentarios:
Publicar un comentario