Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 24 de septiembre de 2011

Vitórias de Mario e Toni con exibición incluída

 Esta tarde disputóuse na localidade de Ponteareas o Trofeo Festas de Setembro con novas vitórias para os nosos ciclistas.
Comenzaba a competición a categoría Benxamín e Mario voltaba a demostrar que él e o gran dominador nesta tempada o facerse de novo coa vitória que xa se lle resistía dende fai cinco carreiras.Moi ben tamén Yasir que estaria no terceiro peldaño do "caixón" de non ser por un erro que o levou 9º posto o mesmo que David quien tamén cun erro terminaba 12º e Irea que desta volta cometía tres erros que a levaban a 24ª posición na clasificación.
Os Infantís Xoel i Ero eran baixados da carreira polos xuíces árbitros o acumular unha considerable desventaxa con respeito da cabeza da carreira.
Para finalizar a competición quedaba a categoría Cadete a cual nos tiña raservado un recital de Toni Portela que nos deleitaría cunha carreira soberbia demostrandolle o público asistente o por qué e que luce as cores da bandeira española que o distingue como Campión de España. Comenzou a carreira cun ataque de Andrés que logo sería sofocado e o que seguíu outro de Adrián Vicente para logo pasar a carreira a un contínuo goteo de ataques de uns e outros sempre abortados polos nosos ciclistas. Chegada a oitava volta das trinta que constaba a proba Toni decidía saltar do pelotón cun forte e contínuo ritmo que o levaba a acadar unha vantaxe de 4 a 5 segundos por volta sobre os seus mais inmediatos perseguidores. Con ese ritmo tan forte na volta 20 Toni permitíase o luxo de dobrar o pelotón no que iba o terceiro clasificado e a partir dese momento baixar un chisquiño o seu pedaleo o que lle impediu o non dobrar tamén o segundo clasificado por tan só 12 segundos.Cando Toni entraba na liña de meta coas mans levantadas o público recibíao case que incrédulo e apludindo a "rabiar" rendíndose ante a súa xesta. Raúl e Adrian Vicente realizaban tamén unha gran carreira e terminaban 10º e 18º respectivamente. Andrés, Cristóbal e Pablo eran baixados da carreira o quedaren descolgados do pelotón.  
Por outro lado Iago Alvarez, Elsa e Claudia Portela participaban no I Trofeo Nosa Terra de MiniBTT en Mos con Iago clasificado no 17º posto de Principiantes e en Infantíl Feminina destacar o 3º posto de Elsa que lle permitía subir o "caixón". Claudia terminaría 4ª

sábado, 17 de septiembre de 2011

Pódios para Antonio Portela e Mario Fernández

No 34º Trofeo Festas do Cristo en Porriño Mario voltaba o pódio e desta vez era no 3º posto o non poder facerse coa vitória. Moi boa a actuación dos seus compañeiros que con David Rodrígez no 7º posto, Irea Villa no 9º e Yasir Martínez no 15º completaban a clasificación da categoría Benxamín.
En Alevíns Manuel Dorna terminaba 12º e en Infantís Zaida González era 24ª. Ero Sobrino e Xoel Villa non conseguían acabar a carreira.
Por outro lado os Cadetes e Júnior desprazábanse ate a vila lusa de Vila Nova de Famalicao para disputar o 5º Circuito Terras de Camilo donde Toni Portela acadaba un merecidísimo 2º posto nun apretado esprint final e un impresionante Raúl Fernández que terminaba 7º e Cristóbal Coimbra 40º e Andrés Fernández 45º pechaban a participación dos nosos Cadetes.
En Júnior Manuel González terminaba nun meritório 12º posto, Alex Lomba 32º e Ivan Morais 33ºcompletaban a carreira.
Fotos de Porriño
Fotos de Famalicao por xentileza de Manuel Coimbra
Fotos de Famalicao xentileza de José Carlos Fernández

domingo, 11 de septiembre de 2011

Triple desplazamento para o C.C. O Rosal

Na mañán de onte os Cadetes Antonio Portela, Raúl Fernández e Adrian Vicente iniciaban a viaxe ate a localidade portuguesa de Montemor o Velho en Figueira da Foz donde se celebra nesta fin de semana o IV Trofeo Internacional  Alves Barbosa.
Fotos ALVES BARBOSA.
Pola súa parte os Junior viaxaron pola tarde até Ribadeo para a disputa do XXIX Circuito Urbano Ribadense donde Alex Lomba se clasificaba no 9º posto, Manuel Lomba no 12º e Ivan Morais no 14º.
Xa na mañán de hoxe as categorías de escolas e os cadetes que non viaxaran a Portugal, participaban no XIX Trofeo Virxe do Porto en Marín donde na categoría Benxamín o gran favorito e dominador da mesma Mario Fernández cometía un erro que lle custaba acabar no 9º posto pero non hay nada que temer xa que os seus compañeiros demostraron que tamen están ahí para tomar o relevo e subir o Pódio donde Yasir Martínez escalaba até o 2º posto do caixón e a piques etivo de subir o terceiro o seu compañeiro David Rodríguez que o fin tiña que conformarse cun estupendo 4º posto e levandose o seu primeiro trofeo o quedar entre os cinco primeiros. Irea Villa sería 15ª e Alberto García 23º.
En Alevíns Manuel Dorna terminaba 9º e en Infantís o millor clasificado era Xoel Villa no 25º seguido de Ero Sobrino no27º, Claudia Portela 32ª i Elsa Portela 33ª.
En Cadetes Cristóbal Coimbra, Adrián Dorna e Pablo Cividanes non remataban a carreira.
Fotos de Marín.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Antonio Portela proclamase Campión de Galicia CRI


Novo título para Toni Portela e para o Club Ciclista O Rosal.
Desta volta era no Campionato de Galicia Contra Reloxo Individual disputado na tarde de onte na localidade lucense de Sober sobre unha distancia de 5 km. na que Toni invertía un tempo de 8'15'' 12 a unha media de 36,36 km/h e distanciando o segundo clasificado nunha comoda diferencia de 19''. Por outro lado cabe destacar a actuación dos seus compañeiros de equipo que gracias a labor de todos o C.C. O Rosal tamén acadou o 1º posto por equipos con Adrian Vicente no 16º, Raúl Fernández 17º, Andrés Fernández 32º, Pablo Cividanes 33º, Cristóbal Coimbra 43º e Adrián Dorna 45º.
En Junior as clasificacións foron mais discretas con Manuel González no posto 20º, Ivan Morais 34º e Alex Lomba 37º.
Felicidades para todos eles e felicitar tamén dende aquí os ex-ciclistas do C.C. O Rosal Aser Estevez (Supermercados Froiz) que se proclamou dobre Campión de Galicia nas modalidades de Fondo e Contra Reloxo Individual en categoría Elite e Jonathan Sousa que acariciou o pódio nas duas modalidades de Sub-23 o acabar 4º en ambalasduas.
Fotos.
Galería de Cristóbal Coimbra.
Clasificacións.

domingo, 4 de septiembre de 2011

48º G.P. MILAGROSA (LUGO)



Viaxe de longo percorrido na tarde de onte concretamente a Cidade da Muralla Patrimonio da Umanidade (Lugo) donde se disputaba o 48º G.P. Milagrosa e donde os nosos ciclistas acadaron dous novos pódios .
Un destes pódios era para Mario que na categoría Benxamín acadaba o 3º posto e a súa compañeira de equipo Irea Villa sofría unnha caída que a relegaba a 10ª posición. A mesma sorte acontecía co seu irmán Xoel Villa que cando tan só tiña percorrido media volta das quince que constaba a carreira, era o que se daba co corpo no asfalto e remataba 31º na clasificación Infantíl.
En Cadete chegaba o outro pódio co 2º posto do Campión de España Toni Portela que pola súa condición de campión , está sofrendo unha marcaxe contínua por parte dos seus rivais da que él se defende con valentía e coraxe. Moi boa carreira de Raúl que terminaba no 8º posto, Adrián Vicente no 38º, Adrián Dorna 53º e Cristóbal 55º.
Cerraban a competición a categoría Júnior donde os nosos acadaban potos destacados, concretamente o oitavo e decimoprimeiro de Manuel González e Ivan Morais respectivamente.
Por outro lado Iago Alvarez viaxaba a terras coruñesas para a disputa do XI G.P. Concello de Cambre de MiniBTT no que na segunda manga tamén sofría outra caída que o relegaba o 20º posto da categoría Principiantes.
Fotos da carreira.