Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
miércoles, 7 de septiembre de 2011
Antonio Portela proclamase Campión de Galicia CRI
Novo título para Toni Portela e para o Club Ciclista O Rosal.
Desta volta era no Campionato de Galicia Contra Reloxo Individual disputado na tarde de onte na localidade lucense de Sober sobre unha distancia de 5 km. na que Toni invertía un tempo de 8'15'' 12 a unha media de 36,36 km/h e distanciando o segundo clasificado nunha comoda diferencia de 19''. Por outro lado cabe destacar a actuación dos seus compañeiros de equipo que gracias a labor de todos o C.C. O Rosal tamén acadou o 1º posto por equipos con Adrian Vicente no 16º, Raúl Fernández 17º, Andrés Fernández 32º, Pablo Cividanes 33º, Cristóbal Coimbra 43º e Adrián Dorna 45º.
En Junior as clasificacións foron mais discretas con Manuel González no posto 20º, Ivan Morais 34º e Alex Lomba 37º.
Felicidades para todos eles e felicitar tamén dende aquí os ex-ciclistas do C.C. O Rosal Aser Estevez (Supermercados Froiz) que se proclamou dobre Campión de Galicia nas modalidades de Fondo e Contra Reloxo Individual en categoría Elite e Jonathan Sousa que acariciou o pódio nas duas modalidades de Sub-23 o acabar 4º en ambalasduas.
Fotos.
Galería de Cristóbal Coimbra.
Clasificacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario