Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 4 de septiembre de 2011

48º G.P. MILAGROSA (LUGO)



Viaxe de longo percorrido na tarde de onte concretamente a Cidade da Muralla Patrimonio da Umanidade (Lugo) donde se disputaba o 48º G.P. Milagrosa e donde os nosos ciclistas acadaron dous novos pódios .
Un destes pódios era para Mario que na categoría Benxamín acadaba o 3º posto e a súa compañeira de equipo Irea Villa sofría unnha caída que a relegaba a 10ª posición. A mesma sorte acontecía co seu irmán Xoel Villa que cando tan só tiña percorrido media volta das quince que constaba a carreira, era o que se daba co corpo no asfalto e remataba 31º na clasificación Infantíl.
En Cadete chegaba o outro pódio co 2º posto do Campión de España Toni Portela que pola súa condición de campión , está sofrendo unha marcaxe contínua por parte dos seus rivais da que él se defende con valentía e coraxe. Moi boa carreira de Raúl que terminaba no 8º posto, Adrián Vicente no 38º, Adrián Dorna 53º e Cristóbal 55º.
Cerraban a competición a categoría Júnior donde os nosos acadaban potos destacados, concretamente o oitavo e decimoprimeiro de Manuel González e Ivan Morais respectivamente.
Por outro lado Iago Alvarez viaxaba a terras coruñesas para a disputa do XI G.P. Concello de Cambre de MiniBTT no que na segunda manga tamén sofría outra caída que o relegaba o 20º posto da categoría Principiantes.
Fotos da carreira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario