Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 20 de noviembre de 2011

COPA DE PORTUGAL EN SOBRADO (VALONGO)


Vitória de Manuel e segundo posto de Raúl na Copa de Portugal de Ciclocross disputada ésta mañán en Sobrado (Valongo).
Tempo espléndido para a práctica do Ciclocross donde comenzaron os Cadetes e Raúl situabase na cabeza da carreira durante duas voltas para logo ser superado por Ivan Conde (C.C. Maceda) e pasar a unha marcaxe sempre a moi curta distancia o que facía que a carreira non se decidise ata os intres finais donde a Raúl se lle escapaba a vitória por uns escasos cinco metros e acadando desta maneira o 2º posto.
En Junior asistíamos a un monólogo de Manuel González xa que nos deleitaba cun auténtico recital durante toda a carreira situandose na cabeza da mesma dende o pitido de saída ata o final, dominando e controlando os seus riváis con moita cabeza fría que lle valía para facerse coa vitória por diante do Campión Portugués.
Toni Portela acababa 8º e Alex Lomba 9º.
Fotos da carreira 

No hay comentarios:

Publicar un comentario