O Club Ciclista Guardés en colaboración cos Concellos de A Guarda, O Rosal, Oia e do Club Ciclista O Rosal, organizou a III Marcha BTT Serra da Grova nesta mañán espléndida para a práctica do ciclismo cunha lista de inscritos que superaba a cifra de douscentos participantes.
O circuito que constaba de máis de 30 kilómetros, partía da Sangriña (A Guarda) para encarar a durísima subida o Torroso pasando logo polo Alto da Cruz da Portela (O Rosal) e dende alí cara a San Martiño e Muiños do Folón (O Rosal) para encarar a subida a Santa Comba (Oia) para máis adiante comenzar a espectacular baixada cara Acevedo (Oia). Dende alí xa co terreo máis plano a ruta continuaba cara o Muiño das Aceñas (O Rosal) donde estaba situado o "abituallamento" para continuar logo pola veira do Río Miño e rematar a proba de novo na Sangriña.
Fotos da marcha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario