Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 30 de abril de 2012

Alex Lomba líder do Open de BTT


Facemos un resumo da semana de competición do equipo Júnior e comenzamos no pasado 25 de abril que foi festivo en Portugal e os nosos aproveitaron a ocasión para desprazarse até Roriz (Barcelos) donde se disputaba o 10º Prémio ACR Roriz e Manuel González era o millor clasificado co 5º posto, , o seguinte era Alex Lomba no 9º, Antonio Portela 19º e Adrian Vicente que non acabou a carreira. Éstes resultados fixeron que tamén acadaran o 2º posto por equipos.
Xa no sábado 28 Alex e Toni desprazábanse ate Poio donde participaban no BTT CONCELLO DE POIO XC con Alex que finalizaba terceiro e Toñi  4º. Con éste resultado Alex sobe o máis alto da Clasificación Xeral e aquí o vemos nesta duas fotos exibindo o Maillot que o acredita como Líder.

Presentación do Club Ciclista O Rosal


Na tarde do sábado facía a súa presentación a plantilla do Club Ciclista O Rosal no Auditório Municipal de O Rosal. Foi un acto moi sinxelo donde os protagonistas eran os ciclistas que de un en un iban subindo o escenario para recibir os aplausos do numeroso público asistente.
Foron presentadas tamén as derradeiras incorporacións como son os irmáns David e Rubén Carnero, Laura Teniente e Sergio Vicente na categoría Benxamín e María Correa e Marcos Fernández na categoría Alevín.
Raúl Fernández, Antonio Portela e Manuel González foron premiados pola Directiva do Club polos éxitos acadados na derradeira tempada e recibiron unha placa conmemorativa do acto.
O estar no escenario, foinos imposible ralizar fotos da cerimonia pero alí estaban os nosos compañeiros de Infomiño e Noticias O Rosal os que lles agradecemos a súa asistencia.

             Club Ciclista O Rosal
 PLANTILLA CORREDORES 2012
            Junior
Adrián
Dorna Rodríguez
Adrián
Vicente Martínez
Alejandro
Lomba Rodríguez
Antonio
Portela Rodríguez
Iván
Morais Bouzas
Kevin
Rodríguez Santísima Trinidad
Manuel
González Lomba
Pablo
Cividanes Durán
                    
                        Cadete
Andrés
Fernández Da Silva
Cristóbal
Coimbra Piñeiro
Raúl
Fernández Lorenzo
                    
                        Infantil
Claudia
Portela Rodríguez
Elsa
Portela Rodríguez
Ero
Sobrino Dorado
Manuel
Dorna Rodríguez
Xoel
Villa Rodríguez
Zaida
González Martínez
                     
                       Alevin
María
Correa Rubio
Marcos
Fernández Pérez
Mario
Fernández Lorenzo
                 
                   Principiante
Alberto
García García
Andrés
Lago Alonso
David
Carnero Taveira
David
Rodríguez Alvarez
Iago
Álvarez Lomba
Irea
Villa Rodríguez
Laura
Teniente Pena
Rubén
Carnero Taveira
Sergio
Vicente Fernández
Yasir
Martínez Silva

lunes, 23 de abril de 2012

PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2012

Este vindeiro sábado as 20:00 horas vaise celebrar a ceremónia de presentación do CLUB CICLISTA O ROSAL 2012.
Por este motivo a Directiva do Clube quere convidar a tódolos socios, simpatizantes e publico en xeral a que acudan a este acto no Auditório Municipal de O Rosal.
Contamos coa vosa presenza.

domingo, 15 de abril de 2012

Memorial Chely Alvarez en Bembibre (León)

No día de onte desprazabámonos até Bembibre na provincia de León donde catro dos nosos ciclistas do equipo Júnior disputaban o Memorial Chely Alvarez sobre unha distancia de 89 kilómetros.
Era ésta a primeira carreira da tempada 2012 a dónde os nosos ciclistas acudían para ir entrando en contacto coa competición e ir collendo o estado de forma óptimo. Destacaba ésta proba polo seu percorrido con contínuos "sube e baixa" a portos de montaña o que a facía unha autentica "rompe pernas".
Dábase a saída na Plaza Mayor de Bembibre con dous kilómetros de percorrido urbano polas estreitas rúas da localidade para logo sair polas estradas da comarca e no Km.9 Pablo Cividanes con problemas descolgábase do pèlotón para retirarse no seguinte paso por Bembibre. Dende ahí collíase ruta cara a Meta Volante situada na localidade de Noceda a unha altitude por enriba dos 800 metros e de novo paso por Bembibre para logo ir subindo vários portos de montaña para encarar o Prémio da Montaña situado a unha altitude preto dos 900 metros con Alex, Manu e Toñi sempre nas primeiras posicións do pelotón e dende ahí comenzar o descenso pola localidade de Torre del Bierzo cara a meta en Bembibre que remataba nuhna subida que no derradeiro kilómetro superaba o 15% de desnivel a donde os nosos ciclistas chegaban con Manu no 17º posto, Toñi no 21º e Alex no 26º. Sen dúbida unha posta en marcha moi positiva xa que sempre estiveron ahí dando a cara e finalizando en postos altos entre 130 participantes.
Fotos do Protocolo de Asinaturas.

Recoñecemento a Antonio Portela e o Club Ciclista O Rosal


O Club Ciclista O Rosal e o seu ciclista Antonio Portela foron premiados na Gala Provincial do Deporte en recoñecemento polos éxitos acadados no ano 2011 nun acto que se celebróu o pasado venres no Auditório de Vilagarcía.
Toñi Portela foi nominado a Deportista Revelación do Ano 2011 donde competía co futbolista Hugo Mallo do Real Club Celta de Vigo e con Pablo Cacheda do Academia Octavio de Balonmán, levándose o prémio o xogador do Celta.
En canto o C.C. O Rosal levóuse o Prémio como nominado a Millor Club 2011, prémio que recollía o Presidente Gerardo Alvarez.
Queremos destacar que tanto Toñi como o C.C.O Rosal eran os únicos representantes de ciclismo o que quere decir moito a favor do noso Club e dos nosos ciclistas.
Sen dúbida que éstes recoñecementos nos farán seguir loitando por millorar e ampilar éstes éxitos que son un orgullo para tódolos rosaleiros e rosaleiras.
Fotos da Gala

miércoles, 11 de abril de 2012

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA


ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO

CLUB CICLISTA O ROSAL


Sres.Sras. Socios/as




Pola presente quedan Vdes. convocados/as  á reunión da Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o domingo 22 de abril de 2012 ás 11:00 horas en primeira convocatoria, e ás 11:30 en segunda, no local social do CLUB situado nos baixos da Gardería Municipal de Pías, co seguinte

ORDE DO DÍA:

1.     Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.     Estado de contas. Balance-liquidación da tempada 2011.
3.     Proxectos e presupostos para o ano 2012.
4.     Informe do Presidente: Memoria de actividades da tempada 2011.
5.     Rogos e preguntas.



O Rosal, a 01 de  abril de 2012



O Presidente


                                          Asdo:. Gerardo  Álvarez Martínez

domingo, 1 de abril de 2012

RESUMO DA DERRADEIRA TEMPADA


A piques de comenzar a nova tempada queremos facer un resumo dos éxitos máis destacados da derradeira tempada de Carretera, Ciclocróss e BTT donde se acadaron triunfos e títulos con eco autonómico e nacional e tamén como non no veciño Portugal donde a pesares de non participar en tódalas probas da Taça de Portugal, tamén se acadaron importantes resultados.

En total acadaronse nas diferentes modalidades e categorías éstes pódios.
1º Posto.........31
2º Posto.........17
3º Posto........ 21


RESULTADOS MÁIS DESTACADOS
Antonio Portela         Campión de España en Carretera Cadete
Antonio Portela         4º posto no Campionato de España Contrarreloxo  Carretera Cadete
Antonio Portela         Medalla de Bronce no Campionato de Galicia en Carretera Cadete
Antonio Portela         Campión de Galicia Contrarreloxo Cadete
Antonio Portela         Subcampión Galego Ciclocross Júnior
Antonio Portela         11º no Campionato de España de Ciclocróss Júnior
Antonio Portela         Medalla de Bronce Campionato de Galicia de BTT Cadete
Antonio Portela         5º na Taça de Portugal de Ciclocróss Júnior
Raúl Fernández         Campión Galego Ciclocróss Cadete
Raúl Fernández         Medalla de Bronce no Campionato de España de Ciclocróss  Relevos
Raúl Fernández         6º no Campionato de España de Ciclocróss Cadete
Raúl Fernández         4º no Campionato de Galicia de BTT Cadete
Raúl Fernández         4º na Taça de Portugal de Ciclocróss Cadete
Manuel González      Campión Galego Ciclocross Júnior
Manuel González      Medalla de Bronce no Campionato de España de Ciclocróss  Relevos
Manuel González      4º no Campionato de España de Ciclocróss Júnior
Manuel González      Medalla de Bronce na Taça de Portugal de Ciclocróss Júnior 
Andrés Fernández     Medalla de Prata na Taça de Portugal de Ciclocróss Cadete
Cristóbal Coimbra     36º no Campionato de España de Ciclocróss Cadete
Cristóbal Coimbra      9º na Taça de Portugal de Ciclocróss Cadete
Alejandro Lomba       7º na Taça de Portugal de Ciclocróss Júnior
Mario Fernández       Campión do Calendario Galego Benxamín