Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 15 de abril de 2012

Memorial Chely Alvarez en Bembibre (León)

No día de onte desprazabámonos até Bembibre na provincia de León donde catro dos nosos ciclistas do equipo Júnior disputaban o Memorial Chely Alvarez sobre unha distancia de 89 kilómetros.
Era ésta a primeira carreira da tempada 2012 a dónde os nosos ciclistas acudían para ir entrando en contacto coa competición e ir collendo o estado de forma óptimo. Destacaba ésta proba polo seu percorrido con contínuos "sube e baixa" a portos de montaña o que a facía unha autentica "rompe pernas".
Dábase a saída na Plaza Mayor de Bembibre con dous kilómetros de percorrido urbano polas estreitas rúas da localidade para logo sair polas estradas da comarca e no Km.9 Pablo Cividanes con problemas descolgábase do pèlotón para retirarse no seguinte paso por Bembibre. Dende ahí collíase ruta cara a Meta Volante situada na localidade de Noceda a unha altitude por enriba dos 800 metros e de novo paso por Bembibre para logo ir subindo vários portos de montaña para encarar o Prémio da Montaña situado a unha altitude preto dos 900 metros con Alex, Manu e Toñi sempre nas primeiras posicións do pelotón e dende ahí comenzar o descenso pola localidade de Torre del Bierzo cara a meta en Bembibre que remataba nuhna subida que no derradeiro kilómetro superaba o 15% de desnivel a donde os nosos ciclistas chegaban con Manu no 17º posto, Toñi no 21º e Alex no 26º. Sen dúbida unha posta en marcha moi positiva xa que sempre estiveron ahí dando a cara e finalizando en postos altos entre 130 participantes.
Fotos do Protocolo de Asinaturas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario