Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 15 de abril de 2012

Recoñecemento a Antonio Portela e o Club Ciclista O Rosal


O Club Ciclista O Rosal e o seu ciclista Antonio Portela foron premiados na Gala Provincial do Deporte en recoñecemento polos éxitos acadados no ano 2011 nun acto que se celebróu o pasado venres no Auditório de Vilagarcía.
Toñi Portela foi nominado a Deportista Revelación do Ano 2011 donde competía co futbolista Hugo Mallo do Real Club Celta de Vigo e con Pablo Cacheda do Academia Octavio de Balonmán, levándose o prémio o xogador do Celta.
En canto o C.C. O Rosal levóuse o Prémio como nominado a Millor Club 2011, prémio que recollía o Presidente Gerardo Alvarez.
Queremos destacar que tanto Toñi como o C.C.O Rosal eran os únicos representantes de ciclismo o que quere decir moito a favor do noso Club e dos nosos ciclistas.
Sen dúbida que éstes recoñecementos nos farán seguir loitando por millorar e ampilar éstes éxitos que son un orgullo para tódolos rosaleiros e rosaleiras.
Fotos da Gala

No hay comentarios:

Publicar un comentario