Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 13 de mayo de 2012

Cuadruple desprazamento no sabado

Onte sabado os integrantes do Club Ciclista O Rosal repartíronse por varios puntos da xeografía galega.
Os primeiros en competir eran os Júnior que acudían a Rois (A Coruña) donde se disputaba o TROFEO SAN ISIDRO no que Manuel González acababa na 9ª posición mentras que os seus compañeiros Adrián Dorna e Pablo Cividanes eran descalificados o quedar descolgados da cabeza da carreira.
Xa pola tarde no XXV Trofeo Promoción do Ciclismo en Boiro (A Coruña) o Benxamín Iago Alvarez terminaba 9º, o Alevín Mario Fernández era 11º e o seu irmán o Cadete Raúl Fernández facíase co 9º posto.
Tamén pola tarde o Junior Alex Lomba competía no V Trofeo BTT Concello de Gondomar para subir o Pódio no segundo posto o que lle fai conservar o liderato no Open de BTT.
Mentres que todo isto acontecía, o resto da plantilla divertíase bastante mais perto, concretamente na Praza do Calvario de O Rosal donde se daba a saída e chegada da Popular Marcha da Festa da Bicicleta organizada pola Deputación de Pontevedra na que colaboraba o Concello de O Rosal e o Club Ciclista O Rosal.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario