Na mañán de hoxe daba comenzo a tempada de Escolas do Calendario Galego coa disputa do Trofeo Vila do Louro en Porriño donde o noso Clube poñía un grande interese por ver as evolucións das novas incorporacións e que por certo eran moi positivas.
Como é habitual comenzaba a competición coa categoría de Benxamíns donde debutaban cinco dos compoñentes do equipo. A Millor clasificada era Irea Villa cun espléndido 6º posto a que seguirían Yasir Martínez 10º, Iago Alvarez 12º, David Rodríguez 14º, Laura Teniente 22ª, Sergio Vicente 23º, Rubén Carnero 25º, Alberto García 32º, David Carnero 38º e Andrés Lago 53º.
Na categoría Alevín representábanos a debutante María Correa que nos sorprendía cunha fantástica carreira pero na anteúltima curva para a chegada a Meta, escorregáballe a roda dianteira no asfalto mollado pola choiva e batía co seu corpo no chan pero demostrando a súa valentía e a pesares das feridas saltaba outra vez enriba da bicicleta para cruzar a liña de Meta na 35ª posición.
Pechaba a competición a categoría Infantíl donde millor era Ero Sobrino no posto 25º, Manuel Dorna 26º, Xoel Villa 28º, Zaida González 34ª, Claudia Portela 37ª ei Elsa Portela 38ª éstas dúas últimas con caída incluida.
A vindeira carreira será na Capital de Galicia coa disputa do 24º Trofeo Concello de Santiago a partir das 10:30 da mañán para Escolas e Cadetes mentres que os Júnior acudirán a Calo para a disputa do 3º Circuito Teense o sábado as 18:15.
Fotos de Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario