Ésta fin de semana disputábase o TRIPTICO RUTA DO ALBARIÑO JÚNIOR-SUB 23 en Cambados e o noso equipo Júnior acudía con tódolos seus integrantes dispoñibles e tanto na xornada de onte como na de hoxe acadaban postos altos nas clasificación.
Comenzaba a xornada de onte ca 1ª Etapa-1º Sector coa Cronoescalada Meaño-Alto do Busto sobre un percorrido de 3 Kms. e Manuel González remataba 7º cun tempo de10´10" a 28" do gañador, Antonio Portela remataba 9º a 40", Alex Lomba 12º a 1´04", Pablo Cividanes 19º a 2´05", Adrian Dorna 31º a 3´54" e Adrian Vicente 32º a 4´06".
Acto seguido dábase paso o 2º Sector MEAÑO-MEAÑO de 57 Kms e de novo Manuel voltaba a ser o millor "rosaleiro" co 4º posto seguido de Toñi Portela 7º, Alex Lomba 11º, Pablo 20º, Dorna 32º e Adrian Vicente 33º.
O remate desta primeira etapa a clasificación xeral quedaba así:
Manuel González 4º a tan só 31" do líder, Toñi Portela 7º a 51" Alex 11º a 2´11", Pablo 20º, Dorna 31º e A.Vicente 32º.
Destacar que o remate desta xornada Antonio Portela era o líder das Metas Volante con 3 puntos.
Xa no día de hoxe disputábase a segunda etapa CAMBADOS-CAMBADOS sobre unha distancia de 69 kms. i era Antonio Portela o que destacaba o rematar 3º da categoría Junior a 12" do vencedor a unha madia de 42 Kms/h. e 1º Junior de primeiro ano. Alex Lomba remataba 11º, Manuel González 12º, Pablo 24º, Dorna 25º e A. Vicente 26º.
O remate a clasificación xeral final sería a seguinte:
Manuel González 4º
Antonio Portela 6º
Alex Lomba 11º
Pablo Cividanes 23º
Adrian Dorna 32º
Adrian Vicente 33º
No hay comentarios:
Publicar un comentario