Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 24 de junio de 2012
PODIO DE YASIR MARTINEZ EN PADRÓN
Onte sábado disputábase en Padrón o Trofeo Sponsor organizado polo C.C. Padronés e alí os nosos Benxamíns voltaban a facerse notar principalmente con Yasir que acadaba un excelente 3º posto que lle valía para subir de novo o "caixón" seguido de David Rodríguez no 8º posto, Rubén Carnero que está a demostrar que pouco a pouco vai subindo escalons na clasificación acadaba un óptimo 11º posto, Iago Alvarez no 21º, David Carnero no 22 e Irea Villa no 23º pecharían a participación "rosaleira".
En Alevíns destacar a progresión de Mario Fernández que xa nos primeiros metros da carreira saía como un "foguete" e pasaba a liderar a proba durante a primeira volta para logo ceder terreo os máis veteráns e acabar no 13º posto. Destacamos tamén a progresión de María Correa que se vai adaptando a categoría e finalizaba 29ª.
En Infantís moi boa carreira de Manuel Dorna que aguantou durante oito voltas no grupo de cabeza para logo xa exáusto rematar no 24º posto seguido de Ero Sobrino no 28º, Xoel Villa no 35º, Elsa Portela 37ª e Claudia Portela 39ª.
Remataba a categoría Cadete donde o noso representante Raúl Fernández loitaba en solitário cos riváis de equipos máis numerosos e pagaba os esforzos cun magnífico 6º posto.
A próxima cita será en Téis (Vigo) na rúa Sanjurjo Badía o vindeiro domingo as 10:00 horas para a disputa do 21º G.P. CICLISTA TÉIS-18º MEMORIAL PABLO MEREIRAS para as categorías de Escolas e Cadetes.
Fotos da carreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario