Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 30 de diciembre de 2012

¡¡¡¡ OURO PARA ANTONIO PORTELA, PRATA PARA MANUEL GONZALEZ E BRONCE PARA RAUL FERNANDEZ NO CAMPIONATO DE GALICIA DE CICLOCROSS!!!!

Broche de Ouro no peche do Calendario Galego para os ciclistas do C.C. O Rosal con tres novas medallas no Campionato de Galicia de Ciclocróss celebrado en Domaio (Moaña).
Nun circuito moi duro polo barrizal que se formou por mor das chuvias caídas os ciclistas enfrotabanse a un esforzo físico extraordinario e as suas "maquinas" tamen tiñan que poñer a proba mecánica en forma de test de barro, pero ésta "fornada" de rapaces do C.C. O Rosal están afeitos a sofrer e a dalo todo ainda que as condicións sexan extremas como testifican as fotos da carreira.
Partían éstes Campionatos coa categoría Cadete con Ero Sobrino e Xoel Villa como representantes rosaleiros e xá dende os primeiros metros quedaban un pouco retrasados, pero co decorrer da carreira ian remontando postos para que Ero rematase 12º e Xoel 14º.
En Cadetes Féminas Zaida González partía moi ben e realizaba unha carreira en liota cotínua por un posto no Pódio pero na segunda volta as condicións do circuito dictaban a súa lei, e o barro encarregábase de propiciar unha avaría no cambio o que a obrigaba a botar a bicicleta o lombo durante medio cicuito e desta maneira perder toda opción de Pódio e rematar 4ª.
Chegaría logo a vez dos Junior que partían con grandes opcións de triunfo e xá dende os primeiros metros Raul comandaba a carreira para máis tarde ser superado por Angel Diz (C.C. Spol) e o seu compañeiro Portela ata que éste último comenzaba a coller metros de vantaxe e mentras tanto Raul pelexaba con Diz polo segundo posto con Cristobal nos posto médios.
Pero as condicións do circuito voltaban a facer acto de presencia e o barro metido no cambio facía que Raul tamén sofrese unha avaría que o facía baixar ata o quinto lugar, e véndose xá derrotado, nunha mostra  de coraxe, Raul comenzaba unha gran remontada para voltar a loitar por un posto no "caixón". Mentras tanto Toñi que co seu contínuo pedalear ia collendo máis vantaxe, atravesaba a Liña de Meta en primeira posición que lle valía para proclamarse Campión de Galicia Junior 2012. A segunda Medalla chegaba por parte de Raul que nun final de carreira fantástico e nun apretado esprint final acadaba ese merecidísomo Bronce. Pola sua banda Cristobal remataba 18º.
Na categoría Sub23 Manuel González tamén realizaba unha carreira extraordinaria e remataba por detrás do gran dominador da tempada Paulo González (C.C. Salvaterra) nunha segunda posición que o faría acreedor da Medalla de Prata. Esta carreira supoñia a despedida de Manuel do Club Ciclista O Rosal despois de tantos anos no que comenzou na categoría de Benxamíns para a partir do vindeiro 1 de xaneiro pasar a formar parte do Grupo Deportivo SuperFroiz. Dende aquí queremos desexarte toda a millor sorte na tua nova andadura. Forza Manuel e forza tamén para Toñi, Raul, Cristobal, Zaida, Ero e Xoel.
Fotos do Campionato

domingo, 23 de diciembre de 2012

BON NADAL E FELIZ ANO 2013

A Xunta Directiva do Club Ciclista O Rosal quere felicitar éstas festas a tódolos seus ciclistas, socios, simpatizantes e tódolos clubes galegos e do norte de Portugal e como non tamen a eses centos de seguidores que nos visitan na nosa páxina de Internet de países tan diferentes como poden ser Suiza, Alemaña, Francia, Estados Unidos, Portugal, Rusia, Finlandia, Indonésia, México e outros moitos. A éstes seguidores da rede pedímoslles que nos envíen un correo a ccorosal@gmail.com e nos digan si son xentes rosaleiras que se atopan neses países ou simplemente porque son amigos do ciclismo e do Club Ciclista O Rosal.
A todos eles un Feliz Nadal e Bon Ano 2013 no que agardamos continuar a ofrecerlles os éxitos acadados polos nosos ciclistas

NOVA VITORIA DE ANTONIO PORTELA EN PORRIÑO

Despois das molladuras da derradeira fin de semana, hoxe na Vila de Porriño disfrutamos dunha mañán cunha temperatura estupenda nos arredores do río Louro donde se disputaba o XXXVI Trofeo de Ciclocróss desta Vila e na que Toñi Portela voltava a vencer e Raul tamén subía o "caixón" na terceira posición.
Os Cadetes eran os encarregados de inaugurar a competición e tanto Ero como Xoel empregabanse a fondo pero tiñan que conformarse co 12º posto para Ero e o 13º para Xoel. en canto a Zaida, tamén realizaba un grande esforzo pero non sería dabondo para subir o Pódio e clasificábase 4ª na categoría Cadete Feminina.
Sería logo a volta dos Junior e Raúl saía como un raio para liderar a carreira nos seus primeiros compases en loita co corredor local Angel Diz (C.C. Spol), Toñi Portela no 3º e Cristobal no 9º. Co decorrer da carreira Raul caía o terceiro posto e cedía o liderato o seu compañeiro Portela mentras que Diz ocupaba a segunda praza. Segundo iban pasando as voltas o circuito, Toñi iba aumentando considerablemente a sua vantaxe mentras que Raul continuaba coa súa loita con Diz o que superaba na derradeira volta, e mentras mentras todo isto acontecía, Antonio Portela cruzaba a liña de meta como gañador da carreira. Raul que acariñaba a segunda praza sofría unha caída na derradeira curva i era superado por Diz e remataba terceiro. Cristobal pola súa banda baixaba algúns postos para rematar 16º.
En cuanto o Sub23 Manuel González, tamén realizaba unha moi boa carreira e remataba 6º desta categoría.
O vindeiro domingo péchase o Calendario Galego coa disputa do Campionato Galego de Ciclocróss en Domaio (Moaña), carreira na que Raul, Toñi e Zaida teñen moitas posibilidades de Pódio.
Fotos da carreira

domingo, 16 de diciembre de 2012

CINCO PODIOS EN DOUS DIAS E LIDERATO DA TAÇA DE PORTUGAL PARA OS CICLISTAS DO C.C. O ROSAL




MACEDA
Na tarde de onte sabado desprazámonos ata a provincia de Ourense para a disputa do V TROFEO DE CICLOCROSS CATELO DE MACEDA e alí os nosos ciclistas acadaban outros dous Pódios.
Os Cadetes Ero e Xoel como ven sendo habitual remataban nos postos 12º e 13º respectivamente e en Féminas, Zaida González remataba na 4ª posición a piques de subir o "caixón".
Sería na categoría Junior donde Raul Fernández nos ofrecía unha gran carreira xa que en todo o momento estivo pegadiño a Angel Diz (C.C.Spol) i foi na mesma liña de meta donde se decidía a vitoria que se iba para o Porriño por escasos dous metros de diferenza tendo Raul que conformarse co 2º posto metres que Antonio Portela con problemas de saúde, tamén realizaba unha boa carreira e remataba 3º. Cristóbal Coimbra tamén con problemas remataba18º.
Manuel González debutaba na categoría Sub23 na que vai disputar as carreiras que faltan para rematar o ano e que lle van servir para despedirse do Club Ciclista O Rosal e acadaba un satisfactório 7º posto de Sub23.
 TAÇA DE PORTUGAL (FAMALICAO)
Xa na mañán de hoxe e baixo o "Segundo Dilúvio Universal" e cunhas molladuras das que fan história, os nosos ciclistas desenvolvéronse como "peixes na auga" na segunda proba puntuable para a Taça (Copa) de Portugal na localidade de Avidos (Vila Nova de Famalicao) saindo líderes da Clasificación Xeral en Cadete Féminas e en Junior.
Comenzaron os Cadetes e tanto Xoel Villa como Ero Sobrino realizaban unha gran carreira baixo a tormenta que estaba a cair e remataban 8º e 9º respectivamente.
Na mesma categoría pero na vertente Feminina, Zaida Gonzalez facíase cunha merecidísima vitória e a parte de levarse o triunfo, pasa a comadar a Clasificación Xeral.
Sería na categoría Junior donde disfrutaríamos dun gran espectáculo da mán de Toñi Portela que vencía cunha superioridade incontestable e realizando a fazaña de rematar entre os catro primeiros entre Elite e Sub23 que tiñan tomado a saída un minuto antes. Raul Fernández tampouco nos defraudaba e noutra gran exibición remataba no 3º posto.
Con éstes resultados, Portela pasa a comandar a Clasificación Xeral e Raul é terceiro.
Fotos de Maceda
Fotos de Famalicao

domingo, 9 de diciembre de 2012

ZAIDA GONZALEZ NO MAIS ALTO DO PODIO EN PORRIÑO

No XXXVI Trofeo Horacio Barros de Ciclocross disputado na mañán de hoxe en Mosende (Porriño), acadabanse tres novos Pódios da man dos integrantes do Club Ciclista O Rosal.
Os Cadetes Masculinos demostraron unha lixeira milloría e tanto Xoel como Ero escalaban postos na clasificación xa que Xoel remataba 11º i Ero 13.
Na mesma categoría pero en Féminas Zaida realizaba unha gran carreira e remataba cuarta absoluta e primeira da sua categoría.
Remataban os Junior e tanto Antonio Portela como Raul Fernández que realizaban unha carreira moi intensa, o fin tiñan que renderse o local Angel Diz (C.C.Spol) e remataban 2 e 3º respectivamente mentras que Cristobal se facía co 14º posto da clasificación
Moi intenso vai ser o vindeiro fin de semana xa que no sabado desprazámonos a Maceda (Ourense) e no domingo a Vila Nova de Famalicao para a disputa da segunda proba da Copa de Portugal
Fotos da carreira

jueves, 6 de diciembre de 2012

TRIUNFO DE PORTELA E TERCEIROS POSTOS DE ZAIDA E RAUL EN BOIRO


Nunha mañán moi chuviosa, disputóuse o XXV Trofeo Concello de Boiro e os integrantes do C.C. O Rosal agasallaronnos cunha vitória e dous terceiros.
Os Cadetes na súa liña habitual facían unha carreira na que realizaban un grande esforzo para acadar os postos 14º e 15º para Ero e Xoel respectivamente.
En Féminas Zaida voltaba a darnos outra alegría o acadar o terceiro posto do Pódio.
Os Junior eran os que tamén nos daban grandes satisfaccións xa que Antonio Portela realizaba unha gran carreira de menos a máis para levarse a vitória. Gran traballo tamén o realizado por Raul que estivo toda a carreira loitando pola terceira praza e non foi ata a derradeira volta na que atacaba duro para escapar dos seus rivais e desta maneira acadar ese terceiro posto do Pódio mentras que Cristobal rodaba en postos intermedios para rematar 12º.
Fotos da carreira
 comp

domingo, 2 de diciembre de 2012

XI CICLOCROSS RIA DE MARIN

Como se pode apreciar nas primeras fotos da galería nas que a xiada e constante, a de hoxe era unha mañán moi fría nos arredores do Lago Castiñeiras, concretamente na Mamoa do Rei, e era alí donde se celebraba o XI CICLOCROSS RIA DE MARIN donde os integrantes do Club Ciclista O Rosal colleitaban outros tres Pódios.
Comenzaban os Cadetes e tanto Ero como Xoel que a pesares da xiada xa que corrían as dez da mañán, daban todo o que levaban dentro e acadaban os postos 15º para Ero e o 16º para Xoel.
Na mesma categoría pero en Feminas, Zaida realizaba unha gran carreira e "rabuñaba" o primeiro Pódio para o C.C.O Rosal o acadar un moi traballado terceiro posto.
Xa nos Junior arrincaba a carreira con Raúl moi forte na segunda posición, Antonio Portela aló polo 5º e Cristóbal  polo 8º, pero xa na segunda volta Raul caía ata o 4º posto e Portela  subia o segundo mentras que Cristobal cedia alguns postos, Xa na derradeira volta Raul votaba o resto e conquistaba a terceira praza para seguir progresando e adiantar o seu compañeiro Toñi Portela. O fin a carreira remataba con Raul 2º, Toñi 3º e Cristobal 13º.
Fotos da carreira