Despois das molladuras da derradeira fin de semana, hoxe na Vila de Porriño disfrutamos dunha mañán cunha temperatura estupenda nos arredores do río Louro donde se disputaba o XXXVI Trofeo de Ciclocróss desta Vila e na que Toñi Portela voltava a vencer e Raul tamén subía o "caixón" na terceira posición.
Os Cadetes eran os encarregados de inaugurar a competición e tanto Ero como Xoel empregabanse a fondo pero tiñan que conformarse co 12º posto para Ero e o 13º para Xoel. en canto a Zaida, tamén realizaba un grande esforzo pero non sería dabondo para subir o Pódio e clasificábase 4ª na categoría Cadete Feminina.
Sería logo a volta dos Junior e Raúl saía como un raio para liderar a carreira nos seus primeiros compases en loita co corredor local Angel Diz (C.C. Spol), Toñi Portela no 3º e Cristobal no 9º. Co decorrer da carreira Raul caía o terceiro posto e cedía o liderato o seu compañeiro Portela mentras que Diz ocupaba a segunda praza. Segundo iban pasando as voltas o circuito, Toñi iba aumentando considerablemente a sua vantaxe mentras que Raul continuaba coa súa loita con Diz o que superaba na derradeira volta, e mentras mentras todo isto acontecía, Antonio Portela cruzaba a liña de meta como gañador da carreira. Raul que acariñaba a segunda praza sofría unha caída na derradeira curva i era superado por Diz e remataba terceiro. Cristobal pola súa banda baixaba algúns postos para rematar 16º.
En cuanto o Sub23 Manuel González, tamén realizaba unha moi boa carreira e remataba 6º desta categoría.
O vindeiro domingo péchase o Calendario Galego coa disputa do Campionato Galego de Ciclocróss en Domaio (Moaña), carreira na que Raul, Toñi e Zaida teñen moitas posibilidades de Pódio.
Fotos da carreira
No hay comentarios:
Publicar un comentario