Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 16 de diciembre de 2012

CINCO PODIOS EN DOUS DIAS E LIDERATO DA TAÇA DE PORTUGAL PARA OS CICLISTAS DO C.C. O ROSAL




MACEDA
Na tarde de onte sabado desprazámonos ata a provincia de Ourense para a disputa do V TROFEO DE CICLOCROSS CATELO DE MACEDA e alí os nosos ciclistas acadaban outros dous Pódios.
Os Cadetes Ero e Xoel como ven sendo habitual remataban nos postos 12º e 13º respectivamente e en Féminas, Zaida González remataba na 4ª posición a piques de subir o "caixón".
Sería na categoría Junior donde Raul Fernández nos ofrecía unha gran carreira xa que en todo o momento estivo pegadiño a Angel Diz (C.C.Spol) i foi na mesma liña de meta donde se decidía a vitoria que se iba para o Porriño por escasos dous metros de diferenza tendo Raul que conformarse co 2º posto metres que Antonio Portela con problemas de saúde, tamén realizaba unha boa carreira e remataba 3º. Cristóbal Coimbra tamén con problemas remataba18º.
Manuel González debutaba na categoría Sub23 na que vai disputar as carreiras que faltan para rematar o ano e que lle van servir para despedirse do Club Ciclista O Rosal e acadaba un satisfactório 7º posto de Sub23.
 TAÇA DE PORTUGAL (FAMALICAO)
Xa na mañán de hoxe e baixo o "Segundo Dilúvio Universal" e cunhas molladuras das que fan história, os nosos ciclistas desenvolvéronse como "peixes na auga" na segunda proba puntuable para a Taça (Copa) de Portugal na localidade de Avidos (Vila Nova de Famalicao) saindo líderes da Clasificación Xeral en Cadete Féminas e en Junior.
Comenzaron os Cadetes e tanto Xoel Villa como Ero Sobrino realizaban unha gran carreira baixo a tormenta que estaba a cair e remataban 8º e 9º respectivamente.
Na mesma categoría pero na vertente Feminina, Zaida Gonzalez facíase cunha merecidísima vitória e a parte de levarse o triunfo, pasa a comadar a Clasificación Xeral.
Sería na categoría Junior donde disfrutaríamos dun gran espectáculo da mán de Toñi Portela que vencía cunha superioridade incontestable e realizando a fazaña de rematar entre os catro primeiros entre Elite e Sub23 que tiñan tomado a saída un minuto antes. Raul Fernández tampouco nos defraudaba e noutra gran exibición remataba no 3º posto.
Con éstes resultados, Portela pasa a comandar a Clasificación Xeral e Raul é terceiro.
Fotos de Maceda
Fotos de Famalicao

No hay comentarios:

Publicar un comentario