Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

martes, 21 de mayo de 2013

II LIGA ESCOLAR DO VAL MIÑOR DE DUATLON

No pasado sábado día 18 aproveitando que no calendario galego non había competicións, seis dos integrantes do Club Ciclista O Rosal acudiron a cita coa II LIGA ESCOLAR DO VAL MIÑOR DE DUATLON na sua segunda xornada xa que a primeira xa se tiña celebrado o pasado 23 de marzo.
Despois desta segunda xornada Ero Sobrino gañaba a carreira e proclamábase Campión Cadete Masculino o mesmo que Zaida González que en Feminino tamén se proclamaba Campiona i Elsa Portela quedaba clasificada como Subcampiona. En Infantil Feminino María Correa que só participou nesta derradeira xornada, quedou clasificada na 4ª posición.
Gran clasificación na categoría Alevín pois Iago Alvarez proclamábase Subcampión mentras que Mario Fernández se penduraba do pescozo a Medalla de Bronce.
Por outro lado Claudia Portela integrada na Selección Galega sofría unha caída que lle impedía pasar do 22º posto no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BTT CADETE disputado en Lorca.
Fotos do Duatlón.


No hay comentarios:

Publicar un comentario