Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 12 de mayo de 2013

XIV TROFEO CONCELLO DE SANTIAGO


Na alameda da Capital de Galicia disputóuse ne mañán de onte o XIV TROFEO CONCELLO DE SANTIAGO donde @s nos@s ciclistas acadaron dos novos Pódios e outros dous non "recoñecidos".
Comenzaron os Alevíns e tanto Mario como Iago e David Fletcher realizaban unha gran actuación pois estiveron todo o tempo en postos de cabeza con Mario liderando a carreira por momentos para logo o final colleitar o terceiro posto do "caixón"  seguido do 4º posto de Iago e o 15º de Fletcher. En Féminas Irea remataba no 4º posto, o que demostra a súa progresión na categoría.
En Infantís Feminino chegaría o primeiro Pódio non "recoñecido" para María que remataba segunda pero como nesta carreira non había clasificación para as Féminas, quedábase sen prémio. En Masculino Fran Méndez vai demostrando a súa progresión e remataba no posto 26º.
Xa en Cadetes Ero remataba na 31ª posición mentras que en Féminas Zaida facíase co fictício 3º posto do Pódio pero tamén se tiña que ir coas mans baleiras o non haber clasificación para élas.
E para rematar eran os Principiantes os que pechaban ésta mañán de ciclismo e Sara realizaba unha gran actuación o rematar 3ª absoluta e primeira Fémina. En Masculino Adrian acadaba un óptimo 7º postomentras que resto dos seus compañeiros cometían varios erros que os relegaban a postos máis baixos na clasificación como o 16º posto de Yasir, 17º Luís,18º Sergio e 25º de David Vicente.
En canto as irmáns Portela Rodríguez, desprazábanse até Dumbría para disputar o I TROFEO CONCELLO DE DUMBRÍA DE BTT Rallie no que Claudia remataba a carreira en 5ª posición i Elsa un chisco máis retrasada por mor dunha caída.
Queremos destacar que no correo-e deste clube recibíamos a notificación da Federación Galega de Ciclismo coa convocatória de Claudia para formar parte da Selección Galega que vai diputar o Campionato de España de BTT en Lorca entre os días 17 e 19 do presente mes de maio, unha nova que nos enche a todos de ledícia.
Por outro lado Antonio Portela e Raúl Fernández tiñan un apretado fin de semana en Portugal pois no día de onte disputaban o Prémio Junta de Freguesia de Golaes en Fafe co 10º posto de Portela e o 26º de Raúl. Xa no día de hoxe tomaban parte no 11º Circuito de Palmeira / Prémio Peixoto Alves - Taça de Portugal de Juniores en Braga e aquí os resultado acadados era moi parecidos os de onte, pois Toñi de novo era 10º e Raúl milloraba ata acadar o 17º posto.
Fotos da carreira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario