Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 26 de enero de 2014

ZAIDA GAÑA DE NOVO EN PORTUGAL E RAÚL QUEDA SEGUNDO EN ISPASTER (PAIS VASCO)


Na mañán de hoxe en Campo concello de Valongo en Portugal, disputabase o Ciclocrosse Internacional de Valongo no que Zaida González en Cadete Feminino, de novo sen rivais que puderan con ela, facíase con outra vitória en terras Lusas despois da semana pasada terse feito coa Copa de Portugal.
En canto os Masculinos, Ero Sobrino realizaba unha gran carreira para rematar no 5º posto mentras que Xoel Villa tamén se empregaba a fondo para rematar 7º.
Desta maneira os Cadetes dan por rematada a tempada de ciclocróss cun gran balance positivo.
Outro que tamén remataba a tempada nacional era Raúl Fernández que en Ispaster estreaba a nova indumentaria do Club Ciclista O Rosal-Comunidade de Montes de Santa Mariña-A Rosaleira que o acredita como Campión de España.
Ésta estrea viña acompañada doutro gran resultado como foi o 2º posto acadado no barrizal de Ispaster.
A vindeira fin de semana Raúl vai acadar outro hito histórico para o Club Ciclista O Rosal e para él mesmo como vai ser a disputa do Mundial de Hoogerheide en Holanda defendendo o Maillot da Selección Española.
Dende O Rosal estaremos todos con Raúl co noso apoio dende a distancia.
¡¡¡¡¡¡¡¡FORZA CAMPION!!!!!!!!
Fotos de Portugal
Fotos de Ispaster

domingo, 19 de enero de 2014

ZAIDA GAÑA A COPA DE PORTUGAL POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO

Cun tremendo frío e coa neve as veiras do circuito por mor da nevada na Serra do Marao en Campea (Vila Real), Zaida Martínez voltou a traer para O Rosal outro título eque era nin máis nin menos que a Taça de Portugal (Copa de Portugal) da categoría Cadete Feminina.
Éste é outro éxito máis de Zaida xa que no ano pasado xa tiña conquistado éste mesmo título.
En canto os seus compañeiros masculinos, no día de hoxe realizaban unha gran carreira e a piques estaban de subir o Pódio xa que Xoel remataba 4º i Ero 5º, o que lles valía para rematar empatados no 6º posto con 32 puntos na clasificación final da Copa.
 Fotos da carreira

HOMENAXE A RAUL NO CONCELLO DO ROSAL

A Raúl non paran de choverlle as felicitacións e desta volta foi de novo no Concello do Rosal donde foi recibido polo alcalde Jesús Mª Fernández Portela e por varios dos seus concelleiros e tamén como non pola directiva e compañeiros do Club Ciclista O Rosal así como por numerosos afeccionados.
Xa pola tarde de novo outro recoñecemento e agora era no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas co gallo da Gala do Ciclismo Galego, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e de novo Raúl foi distinguido polas dúas medallas acadadas no Campionato de España.
Pero Raúl non era o único agasallado pois o noso presidente Gerardo Alvarez tamén foi premiado en recoñecemento a sua longa traxectoria a fronte do C.C. O Rosal.
Fotos no concello
Fotos da Gala do Ciclismo

martes, 14 de enero de 2014

CONTINÚAN AS ALEGRÍAS PARA RAÚL O SER CONVOCADO COA SELECCIÓN ESPÀÑOLA OS MUNDIAIS

Raúl non para de colleitar alegrías xa que despois de facerse cos Campionatos de Galicia e de España de Ciclocróss, agora vé recompensado o seu traballo coa convocatória coa Selección Española para os Mundiais de Ciclocróss de Hoogerheide en Holanda os vindeiros 1 e 2 de febreiro.
Dende o Club Ciclista O Rosal tan só temos que decir: MOITA SORTE RAÚL, ESTAMOS TODOS CONTIGO.

lunes, 13 de enero de 2014

RAUL É O NOVO XEFE DO CICLOCRÓSS NACIONAL JUNIOR. ¡¡¡¡¡¡CAMPIÓN DE ESPAÑA!!!!!!



O de onte en Segorbe (Castellón) foi un día dos que xa facía moito tempo que non vivíamos, pois alí estabamos todos para empurrar cos nosos berros de ánimo a Raúl o mais alto do Ciclocróss Nacional e de certo que non nos defraudaba, pois as esperanzas que tiñamos postas nel, cumpríanse de maneira aplastante.
A carreira comenzóu cun sexteto en cabeza donde un ataque de Raúl xa na primeira volta na que quitaba o redor de seis segundos de vantaxe os seus compañeiros de escapada que eran o madrileño Diego Pablo Sevilla, os vascos Patxi Aldanondo e Gotzón Martín e os valencianos Vicent Martínez e Josep Llinares, distancia que logo sería enxugada de novo polos seus riváis.
Ian pasando as voltas cun ataque desta vez do dúo valenciano pero Raúl saltaba a por eles neutralizando o intento de marcharse e voltaban a sucederse os ataques tamen de Sevilla, pero o noso ciclista estaba  sempre moi atento e controlando os seus riváis. Na penúltima volta o madrileño Sevilla sofría un pinchazo quedando xa descartado para a loita polo Pódio. Sería na derradeira volta cando Raúl impoñía o seu poderío para deixar atrás os seus riváis e lanzarse definitivamente a pola vitória marcando a volta máis rapida cun tempo de 07:15 que o levaría a cruzar a liña de meta cunha asombrosa vantaxe de 20 segundos sobre os valencianos que a fin serían os seus acompañantes no "caixón".
Pero ésta medalla de ouro no era a única, pois como xa comentabamos na entrada anterior, Raúl tamen traía para O Rosal a Medalla de Bronce da categoría de Relevos colleitada no venres.
Ainda que a fazaña de Raúl foi épica, non esquecemos os seus compañeiros de equipo que defendían as cores do Club Ciclista O Rosal como eran Iago Alvarez que en Promoción Alevín acadaba o 4º posto o mesmo que Mário Fenández en Promoción Infantíl.
Os Cadetes Ero Sobrino e Xoel Villa tamén disfrutaban da súa primeira expariencia nuns Campionatos de España e remataban nuns traballados 49º e 51º postos respectivamente.
Comentar que a Seleción Galega conseguía un botín de catro Medallas, pois as xa mencionadas de Raúl, tamen hay que engadirlle a Medalla de Bronce de Desiré Duarte Castro e a de Ouro da marinense Irene Trabazo.
Felicitar tamen o resto de integrantes do plantel galego como os Master 50 António González 4º (Salvaterra) e José Manuel Rodríguez 11º (Maceda).
En Máster 40º Xulio Xosé Conde 22º (Maceda), Javier Lago 45º (Spol) e Antonio Saa 52º (Maceda).
En Master 30 José Alberto del Río 19º (Marín), David Rodríguez 23º (Vigomaster) e o rosaleiro Xabier Martínez Durán 27º (De la Fuente).
En Elite Mauro González 15º (Salvaterra), Jaime Juncal 24º (Rias Baixas) e José "Tami" Rodríguez 27º (Spol).
En Sub 23 Paulo González 4º (Salvaterra), Saúl López 7º (Maceda) e Adrián Valverde13º (Rias Baixas).
En Júnior Samuel González 12º (Salvaterra) e Raúl González  19º (Maceda)
En Cadete Iván Feijoo 21º (Maceda), Eloy Mota 30º (Redondela) e Román Saa 39º (Maceda).
En Elite Feminino Isabel Castro 12ª, en Júnior Feminino Xiana Conde 13ª (Maceda) e en Cadete Feminino Andrea Tomé 7ª (Cambre) e Sara Trigo 8ª (Fundación Oscar Pereiro).
 Fotos do Campionato


!!!!!!!!! GRACIAS CAMPIÓN ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
 



sábado, 11 de enero de 2014

MEDALLA DE BRONCE DE RAUL EN RELEVOS

Raul Fernandez acada a sua primeira Medalla de Bronce nos Campionatos de España de CiCiclocross en Segorbe, Castellonna modalidade de relevos .
Pedimos diculpas polamini cronica pero aqui non dispoñemos de medios e par o vindeiro luns ampliaremos.

jueves, 9 de enero de 2014

RAÚL FERNÁNDEZ CONVOCADO COA SELECCION GALEGA

A partir de mañán venres e ata o domingo, vanse disputar os Campionatos de España de Ciclocróss en Segorbe (Castellón) donde Raúl Fernández como recente proclamado Campión de Galicia, vai acudir convocado coa Selección Galega.
Raúl vai tentar de acadar o Pódio da categoría Júnior xa que parte entre os favoritos a vitória e si non xurden imprevistos, de seguro que vai loitar por estar no máis alto.
No día de mañán vai participar na proba de relevos compartindo selección co Máster David Rodríguez, o Elite Mauro González, o Sub-23 Paulo González, o Cadete Iván Feijó, a Fémina Isabel Castro e o própio Raúl en Júnior
Defendendo as cores do Club Ciclista O Rosal tamén van a estar os Cadetes Ero Sobrino e Xoel Villa que ainda que non optan o Pódio, de seguro que o van dar todo para estar o máis arriba posible.
O Infantíl Mario Fernández e o Alevín Iago Alvarez van participar na proba de Promoción.
Desexámoslles moita sorte a todos eles.

domingo, 5 de enero de 2014

NOVA VITORIA DE ZAIDA NA COPA DE PORTUGAL E SEGUNDO POSTO DE RAÚL EN CASTELLON

Hoxe pola mañán nos arredores do Forte de Sao Joao de Vila do Conde, Zaida González asestou o golpe definitivo na Copa de Portugal o facerse coa vitória e o mesmo tempo e a falta dunha carreira e de confirmación oficial, e de novo a Campiona da Copa de Portugal Cadte Feminino nunha carreira na que non tivo rivais que lle poideran facer frente.
Os seus compañeiros Masculinos tamén facían unha gran carreira i Ero Sobrino acadaba o 5º posto mentras que Xoel Villa o secundaba co 6º posto.
Pola súa parte o Júnior Raúl Fernández que se atopaba en Segorbe (Castellón) participando no Campionato da Comunidade Valenciana para prepararse para o vindeiro Campionato de España a celebrarse neste mesmo circuito, facíase co segundo posto o quedar a tan só seis segundos da vitória.
Fotos de Vila do Conde

sábado, 4 de enero de 2014

ZAIDA DESPIDE A TEMPADA GALEGA DE CICLOCRÓSS CUN NOVO PÓDIO

Co Trofeo Comunidade de Montes de Domaio (Moaña) pechábase na tarde de hoxe o Calendario Galego de Ciclocrósss 2013-2014 que se tiña inaugurado co Trofeo de Eiras organizado polo Club Ciclista O Rosal o pasado 16 de novembro.
A Cadete Feminina, Zaida González remataba a tempada galega cun novo Pódio, desta vez no terceiro posto que lle valía para rematar no mesmo posto no Ranking Galego de Ciclocróss con 150 puntos depóis de 9 carreiras.
En Cadete Masculino, destacar a gran carreira de Xoel Villa que despóis dunha caída que lle causaba lesións no naríz e nunha perna, transitaba na 13ª posición para logo esquecerse temporalmente das dores e remontaba posicións para rematar nunha fantástica 7º posición para él. en canto que o seu compañeiro Ero Sobrino tamén realizaba unha moi boa carreira e remataba no 9º posto.
Con éstes resultados Xoel remata 7º no Ranking Galego con 100º puntos i Ero 9º con 98 puntos.
Mañán domingo o Júnior Raúl Fernández vai competir no Campionato Valenciano en Castellón para preparar o Campionato de España que se vai disputar nese mesmo circuito mentras que os Cadetes van acudir a Vila do Conde donde se vai disputar a cuarta proba da Copa de Portugal na cual a nosa Zaida González lle basta cun só punto para adxudicarse a Copa.
Fotos da carreira