Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 26 de enero de 2014
ZAIDA GAÑA DE NOVO EN PORTUGAL E RAÚL QUEDA SEGUNDO EN ISPASTER (PAIS VASCO)
Na mañán de hoxe en Campo concello de Valongo en Portugal, disputabase o Ciclocrosse Internacional de Valongo no que Zaida González en Cadete Feminino, de novo sen rivais que puderan con ela, facíase con outra vitória en terras Lusas despois da semana pasada terse feito coa Copa de Portugal.
En canto os Masculinos, Ero Sobrino realizaba unha gran carreira para rematar no 5º posto mentras que Xoel Villa tamén se empregaba a fondo para rematar 7º.
Desta maneira os Cadetes dan por rematada a tempada de ciclocróss cun gran balance positivo.
Outro que tamén remataba a tempada nacional era Raúl Fernández que en Ispaster estreaba a nova indumentaria do Club Ciclista O Rosal-Comunidade de Montes de Santa Mariña-A Rosaleira que o acredita como Campión de España.
Ésta estrea viña acompañada doutro gran resultado como foi o 2º posto acadado no barrizal de Ispaster.
A vindeira fin de semana Raúl vai acadar outro hito histórico para o Club Ciclista O Rosal e para él mesmo como vai ser a disputa do Mundial de Hoogerheide en Holanda defendendo o Maillot da Selección Española.
Dende O Rosal estaremos todos con Raúl co noso apoio dende a distancia.
¡¡¡¡¡¡¡¡FORZA CAMPION!!!!!!!!
Fotos de Portugal
Fotos de Ispaster
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario