A Raúl non paran de choverlle as felicitacións e desta volta foi de novo no Concello do Rosal donde foi recibido polo alcalde Jesús Mª Fernández Portela e por varios dos seus concelleiros e tamén como non pola directiva e compañeiros do Club Ciclista O Rosal así como por numerosos afeccionados.
Xa pola tarde de novo outro recoñecemento e agora era no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas co gallo da Gala do Ciclismo Galego, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e de novo Raúl foi distinguido polas dúas medallas acadadas no Campionato de España.
Pero Raúl non era o único agasallado pois o noso presidente Gerardo Alvarez tamén foi premiado en recoñecemento a sua longa traxectoria a fronte do C.C. O Rosal.
Fotos no concello
Fotos da Gala do Ciclismo
No hay comentarios:
Publicar un comentario