Mentras que Raúl Fernádez competía en Holanda, algúns dos seus compañeiros de equipo facían o mesmo na 1ª XORNADA DO DUATLON DO VAL MIÑOR 2014 na praia de Ladeira (Baiona) nunha mañán marcada polo intenso frío e o forte vento acompañado da choiva.
O Benxamín Yasir Martínez era o primeiro en participar e remataba nunha meritória 8ª posición.
Iago Alvarez e Luís Mendez serían os seguintes en tomar a saída na categoría Alevín con Iago que remataba 4º e Luís 8º.
Infantís e Cadetes tomaban a saída todos xuntos e María Correa acadaba o cuarto posto en Infantíl Feminino mentras que Zaida Martínez se facía coa vitória en Cadete Feminino i Ero Sobrino e Xoel Villa remataban 3º e 8º respectivamente en Masculino
Fotos do Duatlón
No hay comentarios:
Publicar un comentario