Comenzaba mal a mañán no Mundial de Ciclocróss en Hoogerheide (Holanda) pois a furgoneta da Selección Española que transportaba o material dos nosos ciclistas sofría un accidente na autoestrada danando parte dese material e que ademais non chegaba a tempo para que Raúl poidese aquecer, saindo frío a carreira.
Este inconvinte voltaríase na súa contra pois o non poder facer o aquecimento, durante a carreira sofría problemas físicos que o obrigaban a parar, perdendo desta maneira valiosísimas posicións e que cando se incorporaba de novo a carreira xa lle foi imposible acadar unha máis que merecida mellor posición que o remate sería a 33ª.
Sen dúbida unha grande fazaña a de Raúl o converterse no primeiro rosaleiro en proclamarse Campión de España de Ciclocróss (Antonio Portela tamén xa tiña sido Campión de España en Estrada) e tamén o primeiro rosaleiro en participar nun Mundial, xestas das que a plantilla e Xunta Directiva do Club Ciclista O Rosal se senten orgullosos.
¡¡¡¡¡Gracias por todas éstas alegrías que nos brindas Raúl!!!!!
Fotos de Holanda
No hay comentarios:
Publicar un comentario