Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 23 de marzo de 2014

II Xornada da Liga Escolar de Duatlón do Val Miñor

A espera do comenzo das competicións do Calendário Galego, na mañán de onte sábado cinco dos nosos ciclistas desprazáronse ata Baiona para disputar a II Xornada da Liga Escolar de Duatlón do Val Miñor organizada polo Club Ciclista Rias Baixas.
Ésta proba disputábase en duas mangas por cada categoría nun circuito o redor do antigo campo de fútbol de Santa Marta.
Os nosos representantes eran Luís Mendez na categoría Alevín, María Correa en Infantíl e Zaida González, Ero Sobrino e Xoel Villa en Cadete. A espera da confirmación das clasificacións, de momento so podemos adiantar o primeiro posto acadado por Zaida en Cadete Feminino.
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario