O Club Ciclista O Rosal 2014 fixo a súa presentación oficial na tarde de onte sábado no auditorio Municipal de O Rosal diante dos seus afeccionados na que tamén estiveron presentes o alcalde da Vila Jesús Mª Fernández Portela acompañado de compoñentes da Corporación Municipal, o Xerente da F.G.C. Ricardo Terceiro así como do presidente da Comunidade de Monte de Santa Mariña Isaac González acompañado de Isolino Sobrino entre outras personalidades.
O acto comenzaba as catro da tarde co pousado para a foto oficial nos arredores de Adegas Terras Gauda para logo continuar coa presentación no Auditório donde se resaltaron os éxitos da derradeira tempada entre os que destacaban os títulos de Raúl Fernádez como era ese Campionato de España de Ciclocróss do que tan orgullosos nos sentimos tódolos rosaleiros e tamén o éxito de Zaida González gañadora da Copa de Portugal de Ciclocróss Cadete Feminino sin esquecer os numerosos Pódios acadados nas categorías de Escolas.
Neste acto tamén foi agasallado cunha lembranza do C.C. O Rosal António Portela que se incorporou as filas do Grupo Deportivo Froiz. Entre os éxitos de Portela destacan varios Campionatos de Galicia e o Campionato de España de Estrada Cadete 2011.
A plantilla do Club Ciclista O Rosal 2014 queda así:
JUNIOR
Raúl Fernández
CADETE
Ero Sobrino
Manuel Dorna
Xoel Villa
Zaida González
INFANTIL
David Fletcher
Fran Mendez
María Correa
Mario Fernández
ALEVIN
Adrán Alonso
Iago Alvarez
Irea Villa
Luís Mendez
Laura Teniente
Sara Alvarez
PRINCIPIANTE
David Carnero
David Rodríguez
David Vicente
Iker Rodríguez
Pablo Alvarez
Pablo Rodríguez
Rubén Carnero
Sergio Vicente
Yasir Martínez
No hay comentarios:
Publicar un comentario