Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

martes, 29 de abril de 2014

PROMETEDOR INICIO DE TEMPADA PARA IKER E ZAIDA EN PORTUGAL


 

Gran inicio de tempada para Iker Rodríguez e Zaida González na tarde do domingo 27 no 12º Premio ACR Roriz en Barcelos (Portugal).
En Benxamíns o noso representante era Iker que nunha primeira manga perfecta e un erro na segunda, aínda era quien de subir o terceiro posto do “caixón”.
En Iniciados tanto Yasir Martínez como Rubén e David Carnero realizaban unha perfecta primeira manga colocandose nos primeiros postos, pero logo o descoñecemento do regulamento da carreira fixo que se perderan a segunda manga que consistía nunha volta o circuito, o que fixo que fosen descalificados e fosen a parar os derradeiros postos da clasificación. Unha mágoa para eles.
En Alevíns o millor rosaleiro era Iago Alvarez que remataba18º mentras que Luís Mendez remataba 20º e Adrián Alonso 37º. En Féminas Laura Teniente remataba nun optimo 4º posto e Irea Villa no 5º.
En Infantís Mario Fernández facía 24º e Fran Mendez 33º mentras que a Fémina María Correa era 3ª.
En Cadetes coa falta de Ero e Xoel que se atopaban de excursión de fin de curso, era Manuel Dorna quien nos representaba e acadaba o 41º posto mentras que en Féminas Zaida González facía unha gran carreira para levarse a vitória.
Pola súa banda o Júnior Raúl Fernández no sabado participaba en Bembibre (León) donde acadaba o 24º posto mentras que no domingo desprazábase a Asturias donde remataba 17º.



lunes, 14 de abril de 2014

II GALA DE RECOÑECEMENTO AO MERITO DEPORTIVO



                                                                                         Fotos de Jorge Alonso Daldea - Infomiño.Com
O pasado sabado celebrouse no Auditório Municipal a II Gala de Recoñecemento ao Mérito Deportivo do Rosal.
Esta Gala resultou todo un éxito na asistencia de público, na organización por parte do Concello e como non na dirección da mesma que era presentada polo rosaleiro Juan Ramón Martínez.
Como era de esperar o Club Ciclista O Rosal tamén tiña galardonados como eran os Campións de España Anonio Portela e Raúl Fernández ademáis de Alex Lomba e Mario Fernández polos seus éxitos a nivel autonómico.
Tamén foi galardonado o propio Club Ciclista O Rosal en recoñecemento os seus esforzos na promoción do ciclismo e empeño na formación na formación dos presentes Campións de España e Galicia e de outros futuros Campións.

lunes, 7 de abril de 2014

O CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS COMENZA A TEMPADA DE ESTRADA

Raúl Fernández daba por inaugurada a tempada de Ciclismo en Estrada coa súa participación no Memorial Angel Lozano en Valladolid, proba que era valedeira para a Copa de España da Especialidade.
Raúl formaba parte da Selección Galega coa a que fora seleccionado e o final da carreira acadaba un gran 49º posto.
Aquí vos deixamos a crónica da Federación Galega de Ciclismo.

Junior - A Selección en Copa Federación.

Junior - A Selección en Copa Federación. Pouco pudo facer a Selección Galega Junior no seu primeiro compromiso de 2014 na Copa Federación en Valladolid, ante un cumulo de adversidades que se traduciron en pinchazos e inoportunos e caidas, sen consecuencias, afortunadamente, con un pelotón de 170 corredores de toda España.  Raúl Fernández  e o integrante do outro equipo galego en conscurso, E.C. Redondela,  Cristian Mota, formaron parte do grupo principal que entrou con 33 segundos de desventaxa con respecto ó gañador da carreira, Pablo Benito da Selección de Castilla León.