Gran inicio de tempada para Iker Rodríguez e Zaida González
na tarde do domingo 27 no 12º Premio ACR Roriz en Barcelos (Portugal).
En Benxamíns o noso representante era Iker que nunha primeira
manga perfecta e un erro na segunda, aínda era quien de subir o terceiro posto
do “caixón”.
En Iniciados tanto Yasir Martínez como Rubén e David Carnero
realizaban unha perfecta primeira manga colocandose nos primeiros postos, pero
logo o descoñecemento do regulamento da carreira fixo que se perderan a segunda
manga que consistía nunha volta o circuito, o que fixo que fosen descalificados
e fosen a parar os derradeiros postos da clasificación. Unha mágoa para eles.
En Alevíns o millor rosaleiro era Iago Alvarez que remataba18º
mentras que Luís Mendez remataba 20º e Adrián Alonso 37º. En Féminas Laura
Teniente remataba nun optimo 4º posto e Irea Villa no 5º.
En Infantís Mario Fernández facía 24º e Fran Mendez 33º
mentras que a Fémina María Correa era 3ª.
En Cadetes coa falta de Ero e Xoel que se atopaban de
excursión de fin de curso, era Manuel Dorna quien nos representaba e acadaba o 41º
posto mentras que en Féminas Zaida González facía unha gran carreira para
levarse a vitória.
Pola súa banda o Júnior Raúl Fernández no sabado participaba
en Bembibre (León) donde acadaba o 24º posto mentras que no domingo desprazábase
a Asturias donde remataba 17º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario