O pasado sabado celebrouse no Auditório Municipal a II Gala de Recoñecemento ao Mérito Deportivo do Rosal.
Esta Gala resultou todo un éxito na asistencia de público, na organización por parte do Concello e como non na dirección da mesma que era presentada polo rosaleiro Juan Ramón Martínez.
Como era de esperar o Club Ciclista O Rosal tamén tiña galardonados como eran os Campións de España Anonio Portela e Raúl Fernández ademáis de Alex Lomba e Mario Fernández polos seus éxitos a nivel autonómico.
Tamén foi galardonado o propio Club Ciclista O Rosal en recoñecemento os seus esforzos na promoción do ciclismo e empeño na formación na formación dos presentes Campións de España e Galicia e de outros futuros Campións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario