Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 28 de septiembre de 2014

CINCO PODIOS EN CATRO CARREIRAS EN LUGO





Os oito integrantes do Club Ciclista O Rosal que se desplazaron para a disputa do G.P. CICLISTA CIDADE DE LUGO na tarde de onte sábado, foron quien de colleitar cinco novos pódios para seus palmarés.

O Principiante Yasir Martínez continúa a agrandar o seu historial cunha nova e incontestable vitória non dando opción os seus rivais.

O Alevín Iago Alvarez nunha gran carreira na que foi de menos a mais, voltaba o "caixón" co terceiro posto acadado mentras que o sorprendente Adrian Alonso que lideraba a carreira nos seus inícios, remataba 12º.
En Féminas era desta volta Irea Villa a que tamén destacaba co terceiro posto acadado o final da carreira.

En Infantís era María Correa a encarregada de defender as nosas cores e facíao da millor das maneiras cunha merecida vitória que lle vai dar mais forza para a derradeira carreira da tempada do vindeiro sábado en Porriño.

Con esta carreira de Lugo os cadetes masculinos Ero Sobrino e Xoel Villa despedían a tempada e o mesmo tempo tamén a categoría xa que dentro de poucas semanas comenzan a tempada de Ciclocróss pero xá na categoría Júnior. A carreira comenzaba cunha caída de Xoel nos inícios e que poucas voltas mais tarde o obrigaba o abandono mentras que Ero loitaba cos millores para acadar un dos seus millores resultados da tempada co 11º posto final.
A Fémina Zaida González era a encarregada de conquistar o quinto e derradeiro Pódio da xornada co 2º posto que lle sabía a pouco, pois o seu obxetivo era o máis alto do "caixón".
Fotos da carreira

domingo, 21 de septiembre de 2014

TERCEIRO POSTO DE DAVID CARNERO EN PONTEAREAS

A parte dos pódios das féminas que nesta ocasión tampouco tiñan premio, o máis destacado na tarde de onte sabado en Ponteareas, foi o Principiante David Carnero que voltaba o "caixón" co terceiro posto acadado mentras que os seus compañeiros cometían algún erro e quedaban como segue:
Yasir Martínez 8º, David Rodríguez 9º, Pablo Rodríguez 10º, Iker Rodríguez 13º, Rubén Carnero 22º, Sergio Vicente 30º e David Vicente 34º.

En Alevíns o millor era Iago Alvarez 10º seguido de Adrián Alonso que facía as duas primeiras voltas moi prometedoras pero que o final lle fallaban as forzas e remataba 29º. En Féminas Irea Villa era 3ª e Laura Teniente 4ª.

En Infantís Mario Fernández que lle acontecía como Adrián, remataba 23º mentras que María Correa era 2ª pero tampouco tiña premio.

Os Cadetes tiñan unha saída de 43 km. polas estradas da comarca do Condado e mediada a carreira a Fémina Zaida González con problemas físicos optaba por retirarse mentras que os seus compañeiros Ero Sobrino e Xoel Villa realizaban unha gran carreira loitando todo o tempo no pelotón. Nos derradeiros kilómetros coa ascensión o porto de montaña de Vilasobroso quedabanse un chisco descolgados para entrar na meta nos postos 25º e 27º para Ero e Xoel respectivamente.

Por mor de estar no coche de asistencia dos cadetes, non temos fotos dos Principiantes.
Fotos dos Alevíns e Infantís

domingo, 14 de septiembre de 2014

DUAS NOVAS VITORIAS E UN TERCEIRO EN DUMBRIA

Na mañán de onte sabado catro dos nosos ciclistas competían no 2º Trofeo Concello de Dumbría
 donde colleitaban tres novos pódios mentras que outros estábamos polos Ancares animando La Vuelta.

O Principiante Yasir Martínez segue sumando vitórias demostrando que si non comete ningún erro, é moi difícil o poder gañarlle.

En Alevíns Iago Alvarez remataba no 7º posto mentras que a Infantíl María Correa retornaba o "caixón" co 2º posto e para rematar era Zaida González a que se facía coa vitória en Cadetes.
Fotos de Ludi Martínez.

domingo, 7 de septiembre de 2014

YASIR SUMA E SEGUE CON ZAIDA QUE O IMITA


Carreira nocturna onte en Marín co gallo do XXII Trofeo Virxe do Porto cunha nova vitória de Yasir Martínez que vai agrandando o seu palmarés contando as suas participacions por vitórias salvo en Teis que fora o seu compañeiro David Rodríguez o vencedor.
Nesta mesma categoría Iker Rodríguez cometía un erro e remataba no 18º posto.

En Alevíns a Fémina Irea Villa remataba 5ª mentras que en Masculino Iago Alvarez acadaba o 6º posto. Mención especial tamén merece Adrian Alonso que nuhna gran carreira remontaba dende as derradeiras posicións ata a 20ª o cruzar a liña de meta.

En Infantís era a Fémina María Correa quien nos representaba acadando o 4º posto final.

Remataban os cadetes cunha gran vitória de Zaida González en Feminino mentras que os masculinos tamén mostraban unnha óptima prestación e Manuel Dorna remataba 12º, Ero Sobrino 18º e Xoel Villa 21º.
Fotos da carreira de Marín. 


Pola súa parte un gran Raúl Fernández que hoxe pola mañán participaba no Campionato de España, acadaba un gran 21º posto e tamén como primeiro galego da carreira.
Fotos de Mazarrón

viernes, 5 de septiembre de 2014

RAUL COMPITE MAÑAN NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Mañan Raul Fernández vai competir no Campionato de España de Fondo en Estrada en Mazarrón (Murcia) na categoría Júnior representando a Galicia e como non tamén O Rosal.
Sorte Campeón