A parte dos pódios das féminas que nesta ocasión tampouco tiñan premio, o máis destacado na tarde de onte sabado en Ponteareas, foi o Principiante David Carnero que voltaba o "caixón" co terceiro posto acadado mentras que os seus compañeiros cometían algún erro e quedaban como segue:
Yasir Martínez 8º, David Rodríguez 9º, Pablo Rodríguez 10º, Iker Rodríguez 13º, Rubén Carnero 22º, Sergio Vicente 30º e David Vicente 34º.
En Alevíns o millor era Iago Alvarez 10º seguido de Adrián Alonso que facía as duas primeiras voltas moi prometedoras pero que o final lle fallaban as forzas e remataba 29º. En Féminas Irea Villa era 3ª e Laura Teniente 4ª.
En Infantís Mario Fernández que lle acontecía como Adrián, remataba 23º mentras que María Correa era 2ª pero tampouco tiña premio.
Os Cadetes tiñan unha saída de 43 km. polas estradas da comarca do Condado e mediada a carreira a Fémina Zaida González con problemas físicos optaba por retirarse mentras que os seus compañeiros Ero Sobrino e Xoel Villa realizaban unha gran carreira loitando todo o tempo no pelotón. Nos derradeiros kilómetros coa ascensión o porto de montaña de Vilasobroso quedabanse un chisco descolgados para entrar na meta nos postos 25º e 27º para Ero e Xoel respectivamente.
Por mor de estar no coche de asistencia dos cadetes, non temos fotos dos Principiantes.
Fotos dos Alevíns e Infantís
No hay comentarios:
Publicar un comentario