Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 28 de septiembre de 2014
CINCO PODIOS EN CATRO CARREIRAS EN LUGO
Os oito integrantes do Club Ciclista O Rosal que se desplazaron para a disputa do G.P. CICLISTA CIDADE DE LUGO na tarde de onte sábado, foron quien de colleitar cinco novos pódios para seus palmarés.
O Principiante Yasir Martínez continúa a agrandar o seu historial cunha nova e incontestable vitória non dando opción os seus rivais.
O Alevín Iago Alvarez nunha gran carreira na que foi de menos a mais, voltaba o "caixón" co terceiro posto acadado mentras que o sorprendente Adrian Alonso que lideraba a carreira nos seus inícios, remataba 12º.
En Féminas era desta volta Irea Villa a que tamén destacaba co terceiro posto acadado o final da carreira.
En Infantís era María Correa a encarregada de defender as nosas cores e facíao da millor das maneiras cunha merecida vitória que lle vai dar mais forza para a derradeira carreira da tempada do vindeiro sábado en Porriño.
Con esta carreira de Lugo os cadetes masculinos Ero Sobrino e Xoel Villa despedían a tempada e o mesmo tempo tamén a categoría xa que dentro de poucas semanas comenzan a tempada de Ciclocróss pero xá na categoría Júnior. A carreira comenzaba cunha caída de Xoel nos inícios e que poucas voltas mais tarde o obrigaba o abandono mentras que Ero loitaba cos millores para acadar un dos seus millores resultados da tempada co 11º posto final.
A Fémina Zaida González era a encarregada de conquistar o quinto e derradeiro Pódio da xornada co 2º posto que lle sabía a pouco, pois o seu obxetivo era o máis alto do "caixón".
Fotos da carreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario