Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 4 de octubre de 2014

PECHE DA TEMPADA 2014 CON TRES NOVAS VITÓRIAS



Gran peche de tempada 2014 con tres novas vitorias en Porriño co gallo das Festas do Cristo.

Comenzou a Fémina Cadete Zaida González o venres que en horario nocturno e polas ruas da Vila do Louro se facía con outra vitória para despedir a tempada e tamén a categoría xa que dentro dun mes comenzará a tempada de Ciclocróss competindo na categoría Júnior.

Xa no día de hoxe eran as categorías de escolas os que tamén votaban o peche a tempada comenzando polos Principiantes donde Yasir Martínez se despedía tamén da categoría da mesma maneira que comenzou a tempada no 1º de maio nesta mesma pista e que foi en forma de vitória facendose no dominador indiscutible con quince triunfos. Os seus compañeiros de equipo tamén acadaban moi bos resultados, pois Iker Rodríguez remataba 4º, Pablo Rodríguez 6º, David Rodríguez 11º, Rubén Carnero 12º e David Carnero 13º dun total de 39 participantes.

En Alevíns Iago Alvarez a piques estivo de subir o caixón o rematar no 4º posto mentras que Adrian Alonso era 23º. En Féminas Irea Villa era a primeira rosaleira no 4º posto seguida de Sara Alvarez 5ª e Laura Teniente que con problemas físicos remataba 6ª.

Rematarían os Infantís con Mario Fernández no 15º posto mentras que a Fémina María Correa nos brindaba a outra vitória da xornada por diante de Paula Faraldo (C.C. Rias Baixas) e Alba Blanco (C.C. Barbanza).
Fotos de Zaida o venres pola noite.
Fotos do sabado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario