Comenzóu a carreira e cando apenas levaba oitenta metros percorridos, sofría unha avaría mecanica que o obrigaba a votar a sua "maquina" o lombo e percorrer medio circuito a pé para poder coller a outra Bici de recambio. A partir de ahí, Raúl non se viña abaixo sinón todo o contrario para sair endiablado a caza dos seus rivais os que foi superando un a un ou a pares para o final acadar a vitória de Sub 23 e o segundo posto absoluto.
Pola súa parte Iago Alvarez participaba na categoría de Promoción para levarse o 4º.
En Féminas tanto María Correa en Cadete como Zaida González en Júnior facíanse cun 4º posto cada unha mentras que en Júnior Masculino, Xoel Villa acadaba o 10º posto i Ero Sobrino tamén vítima dunha avaría remataba 13º.
Fotos da carreira
O CLUB CICLISTA O ROSAL CON VICENTE ALLO
Dende esta Páxina o Club Ciclista O Rosal quere mostrar o
seu apoio o Sub-Inspector da Policía Nacional, Vicente Allo gravemente ferido
no atraco de onte en Vigo e que nesta foto o podemos ver no segundo posto de
Master 40 no recente Trofeo Montes de Eiras.