Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 9 de noviembre de 2014

ZAIDA E RAUL COMENZAN CON VITORIAS NA COPA DE PORTUGAL





Comenzou a Copa de Portugal de Ciclocróss coa primeira proba disputada na localidade de Paredes e os cinco integrantes do Club Ciclista O Rosal comenzaron como remataron a tempada pasada, ou sexa con vitórias de Zaida e de Raúl.

Comenzaban as Féminas e María magoábase nos quecimentos previos a carreira polo que saía con mermas físicas e remataba nun esperanzador 5º posto en Cadetes.
Pola súa parte Zaida competía nunha nova categoría denominada Junventude Feminina que engloba a  Júnior e Sub 23 e na primeira volta zaida xa pasaba na segunda posición para de seguido atacar e segundo ian pasando as voltas, deixar as suas rivais a gran distancia e así facerse cunha merecida vitória.

En Júnior Masculino Ero sofría un pinchazo que lle facía perder algunhas posicións para logo recuperarse e rematar no 8º posto mentras que o seu compañeiro Xoel tamén realizaba unha boa carreira e remataba 7º.

Remataba Raúl que competía na categoría Sub 23 xunto coa categoría Elite e nesta estrea  demostrou diante do público portugues todo o seu potencial o realizar unha carreira maxistral.
Na liña de saída era colocado na derradeira fila pero despois de darse a mesma, nos primeiros tramos xa era quien de situarse no cuarto posto para de seguido pasar a dominar a carreira incluídos os Elite e ir collendo unha gran vantaxe sobre o seus mais inmediatos perseguidores que eran o portugués Mario Costa (ASC / Focus Team) e José Rodríguez "Tami" (C.C.DE LA FUENTE ) pero mediada a carreira Raúl sofría unha caída na que rompía o cambio da bicicleta, tendo que percorrer un tramo a pé para poder cambiar de “máquina” e desta maneira perder a vantaxe e pasar o segundo lugar por detrás de Mario Costa co que loitaría nas seguintes voltas para no derradeiro paso por meta soltar o seu ataque que era demoledor para o seu rival que non era quien de seguirlle a roda e desta maneira facerse cunha gran vitória vencendo os seus rivais das categorías de Sub 23 e de Elite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario