Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 16 de noviembre de 2014

PODIOS DE MARIO, MARÍA E ZAIDA NO TROFEO MONTES DE EIRAS DE CICLOCRÓSS



Onte na Praia de Eiras o Club Ciclista O Rosal organizaba o XVII TROFEO MONTES DE EIRAS cunha gran asistencia de público e douscentos corredores que se xuntaron uns para deleitarse co espectaculo e os outros para ofrecerllelo.

Como novidade o C.C. O Rosal programou unha categoría de Promoción na que o vencedor foi o portugués Daniel Dias (CCE Arca de Noé) seguido do “rosaleiro” Mario Fernández e de Jorge Fernández (Monteferro) mentras que en Féminas a vencedora era Ana Belen Domínguez (C.C. Marín).

En Cadetes vencía Iván Feijoo (C.C. Maceda) seguido de Guillermo García (C.C. Marín) i Eloy Mota (E.C. Redondela) mentras que en Feminino era Sara Trigo (C.C.Salvaterra) a primeira clasificada, Marta Villa (Monteferro) era segunda e a nosa María Correa facíase co terceiro posto.

En Júnior Xoel Villa clasificabase nun gran 10º posto i Ero Sobrino no 13º mentras que a carreira era gañada por Samuel González (C.C. Salvaterra) mentras que en Féminas a primeira era Desiré Duarte (Candybike) seguida de Irene Trabazo (C.C. Marín) e a outra representante do C.C. O Rosal, Zaida González que acadaba o terceiro posto.

Os vencedores das outras categorías eran en Máster 30 Alejandro Magallanes (Vigo Máster), en Máster 40 Antonio Sousa (Quinta das Arcas), en Master 50 Antonio González (C.C. Salvaterra), en Sub 23 Adrián Valverde (C.C. Rias Baixas) en Elite Oscar Vazquez (OVCBIKES), i en Féminas Elite Marisa Morgado (Arca de Noé).

Suliñar que en Sub 23 o rosaleiro Raúl Fernández con problemas de axenda, non chegaba a tempo para tomar a saída e o público non podía disfrutar da sua contrastada categoría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario