Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 26 de abril de 2015

ZAIDA FAISE CO SEGUNDO POSTO NO BTT DE ARTEIXO


De héroes temos que voltar a calificar @s nos@s ciclistas María, Adrián, Ero e Zaida, xa non polos resultados acadados sinón polo simple feito de ter participado no 10º Trofeo de  BTT Concello de Arteixo pois as condicións climáticas eran pésimas dende o início ata o fin pola inmensa cantidade de choiva que caía e que facía o percorrido ainda moito máis dificultoso.
A primeira en tomar a saída era a Cadete María Correa para defender as cores do Club Ciclista O Rosal
e que acadaba un grande sétimo posto para de seguido ser os Júnior os encarregados de continuar coa loita polos posto de honra, cousa a piques estaba de acadar Adrián Santomé o colleitar o 4º posto mentras que o seu compañeiro Ero Sobrino se facía co 10º.
Era en Júnior Feminino donde se acadaba o posto máis alto pois Zaida González moi loitadora como sempre era a que traía para terras "rosaleiras" o trofeo o acadar o 2º posto do "caixón".
Fotos de Ludi Martínez.

domingo, 19 de abril de 2015

VITÓRIA DE ZAIDA E TERCEIRO POSTO DE MARÍA EN PORTUGAL




Mentras que os seus compañeiros máis cativos competían no Rosal, os cadetes e júniores desplazabanse a Barcelos (Portugal) para disputar o 13º Prémio ACR de Roriz.

Comenzóu a Cadete Feminina María Correa e acadaba un grande posto o rematar co 3º posto que a levaría a ese mesmo lugar do Pódio.

 En Júnior a nosa Zaida González voltaba o máis ato do "caixón" demostrando que se lle dan ben as terras portuguegas o facerse cunha grande vitória mentras que os seus compañeiros masculinos remataban 48º e 49º para Adrián Santomé i Ero Sobrino respectivamente.
Fotos de Ludi Martínez

OS IRMANS CARNERO TAVEIRA COMENZAN A TEMPADA MANDANDO


Na tarde de onte sabado o Club Ciclista O Rosal era o encarregado de inaugurar o calendario galego de estrada para as categorías de escolas coa osganización do XXIV Trofeo Pista de As Faias e alí os irmáns Carnero Taveira madabanlle unha mensaxe os seus riváis advertindolles que eles serán uns dos rivais a batir ésta tempada. Irea Villa tamén acadaba pódio en Infantíl Feminino.
Era a categoría de Principiantes a encarregada de inaugurar a competición e Rubén Carnero era o que se levaba a vitória por diante do seu irmán David que facía segundo. Outros dous que tamén serán candidatos o pódio son Iker Rodríguez e Pablo Rodríguez xa que Iker facía o mesmo tempo que Rubén e Pablo o mesmo que David pero quedabanse fora do caixón o cometer un erro cada un rematando sexto Iker e sétimo Pablo. Un que tamén saíu a probar fortuna era o debutante Nicolás Portela e non defraudou os seus suguidores o realizar unha gran proba e finalizar no 18º posto.

En Alevíns grande loita polos primeiros postos e o "rosaleiro" que mais se achegaba era Luís Mendez que remataba no 13º posto seguido de Adrian Alonso 17º, David Rodríguez 20º e Yasir Martínez 22º.

Remataban os infantís cun pletórico Mario Fernández que das 15 voltas das que constaba a carreira en trece estivo sempre nos postos de cabeza pero nas duas últimas víñase un chisco abaixo e remataba nun prometedor 5º posto seguido de David Fletcher 15º.
En Infantíl Féminas Irea Villa estreaba a categoría cun Pódio o rematar nun moi traballado 3º posto.
Fotos da carreira

domingo, 12 de abril de 2015

ZAIDA E MARIA NA COPA DE ESPAÑA FEMININA

Oxe pola mañán a Júnior Zaida González e a Cadete María Correa participaban no 2º TROFEO DE CICLISMO FEMENINO puntuable para a Copa de España e que se diputou na cidade de Zamora.
María era a primeira en competir e completaba os 37,7 Kms. cun tempo de 1:18:14 a 05:50 da gañadora, quedando clasificada na 34ª posición.
Logo sería a volta de Zaida sobre unha distancia de 63,2 Kms. pero que pasado o ecuador da carreira quedaba descolgada da cabeza, o que a obrigaba a retirarse da mesma.
Unha vez rematada a carreira partían de novo para Galicia xa que as 20:00 horas Zaida era recoñecida como Millor Promesa Feminina na 1ª Gala do Deporte de Tomiño que se celebrou no Pavillón dos Deportes de Goián.

XXIV TROFEO PISTA DAS FAIAS O VINDEIRO SABADO 18

A nova tempada de ciclismo en estrada para a categoría de Escolas comenza o vindeiro sábado día 18 na Pista das Faias en Tabagón a partir das 17:00 horas.
Competirán as categorías de Principiantes cos "rosaleiros" David Carnero, David Vicente, Iker Rodríguez, Pablo Rodríguez e Rubén Carnero.
En Alevins estrean categoría David Rodríguez, Sergio Vicente e Yasir Martínez que forman equipo cos "veteranos" Adrián Alonso, Laura Teniente e Luís Mendez.
Rematarán os Infantís con Iago Alvarez e Irea Villa que veñen da categoría Alevín para xuntarse a David Fletcher e Mario Fernández.
Agardamos a vosa presenza neste início de tempàda para os nosos ciclistas que seguramente nos van dar máis dunha alegría.

sábado, 4 de abril de 2015

PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2015


Oxe pola tarde no Auditorio Municipal tiña lugar a presentación do Club Ciclista O Rosal que vai encarar a presente tempada de estrada e ciclocróss.
O acto que foi presentado polo xornalista rosaleiro Juan Ramón  Martínez Barbosa, asistiron representantes do Concello, da Federación Galega de Ciclismo, da Comunidade de Montes do Rosal así como afeccionados, simpatizantes e familiares dos ciclistas.
Despois do acto de presentación, tivo lugar unha merenda de confraternidade na que se aproveitou para degustar os exquisitos postres confeccionados pola “familia ciclista”.
Esta acto tamén sirvíu para darlle un ata logo a Raúl Fernández e tamén para compartir de novo con outro grande como Antonio Portela. Éles dous xunto con Alex Lomba forman agora mesmo parte do G.D.Froiz.
Fotos da presentación xentileza de Roi González Villa.


           Club Ciclista O Rosal
                PLANTILLA 2015
                      
                         - Dirixentes
Gerardo
Álvarez Martínez
Presidente
Dir. Regional I
Juan Ramón
Villa Castro
Secretario
Monitor
José Carlos
Fernández Martínez
Tesoureiro
Monitor
Ángel
González González
Vocal

Jenaro
González Estevez
Vocal
Monitor
Juan Carlos
Rodríguez Vidal
Vocal
Monitor
Eduardo
Sobrino Lomba
Vocal

José Luís
Martínez Dominguez
Vocal


              - Directores Deportivos
José María
Álvarez Fajar
Dir. Nacional
Paula
Lomba Rodríguez
Dir. Regional II

JUNIOR
Adrian
Santomé Perez
Ero
Sobrino Dorado
Xoel
Villa Rodríguez
Zaida
González Martínez
CADETE
Francisco
Méndez Dias
Manuel
Dorna Rodríguez
María
Correa Rubio
INFANTIL
David
Fletcher
Iago
Álvarez Lomba
Irea
Villa Rodríguez
Mario
Fernández Lorenzo
ALEVIN
Adrian
Alonso Domínguez
David
Rodríguez Alvarez
Luís
Mendez Días
Laura
Teniente Pena
Sergio
Vicente Fernández
Yasir
Martínez Silva
PRINCIPIANTE
David
Carnero Taveira
David
Vicente Fernández
Iker
Rodríguez Lomba
Pablo
Rodríguez Otero
Rubén
Carnero Taveira