De héroes temos que voltar a calificar @s nos@s ciclistas María, Adrián, Ero e Zaida, xa non polos resultados acadados sinón polo simple feito de ter participado no 10º Trofeo de BTT Concello de Arteixo pois as condicións climáticas eran pésimas dende o início ata o fin pola inmensa cantidade de choiva que caía e que facía o percorrido ainda moito máis dificultoso.
A primeira en tomar a saída era a Cadete María Correa para defender as cores do Club Ciclista O Rosal
e que acadaba un grande sétimo posto para de seguido ser os Júnior os encarregados de continuar coa loita polos posto de honra, cousa a piques estaba de acadar Adrián Santomé o colleitar o 4º posto mentras que o seu compañeiro Ero Sobrino se facía co 10º.
Era en Júnior Feminino donde se acadaba o posto máis alto pois Zaida González moi loitadora como sempre era a que traía para terras "rosaleiras" o trofeo o acadar o 2º posto do "caixón".
Fotos de Ludi Martínez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario