Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 19 de abril de 2015

OS IRMANS CARNERO TAVEIRA COMENZAN A TEMPADA MANDANDO


Na tarde de onte sabado o Club Ciclista O Rosal era o encarregado de inaugurar o calendario galego de estrada para as categorías de escolas coa osganización do XXIV Trofeo Pista de As Faias e alí os irmáns Carnero Taveira madabanlle unha mensaxe os seus riváis advertindolles que eles serán uns dos rivais a batir ésta tempada. Irea Villa tamén acadaba pódio en Infantíl Feminino.
Era a categoría de Principiantes a encarregada de inaugurar a competición e Rubén Carnero era o que se levaba a vitória por diante do seu irmán David que facía segundo. Outros dous que tamén serán candidatos o pódio son Iker Rodríguez e Pablo Rodríguez xa que Iker facía o mesmo tempo que Rubén e Pablo o mesmo que David pero quedabanse fora do caixón o cometer un erro cada un rematando sexto Iker e sétimo Pablo. Un que tamén saíu a probar fortuna era o debutante Nicolás Portela e non defraudou os seus suguidores o realizar unha gran proba e finalizar no 18º posto.

En Alevíns grande loita polos primeiros postos e o "rosaleiro" que mais se achegaba era Luís Mendez que remataba no 13º posto seguido de Adrian Alonso 17º, David Rodríguez 20º e Yasir Martínez 22º.

Remataban os infantís cun pletórico Mario Fernández que das 15 voltas das que constaba a carreira en trece estivo sempre nos postos de cabeza pero nas duas últimas víñase un chisco abaixo e remataba nun prometedor 5º posto seguido de David Fletcher 15º.
En Infantíl Féminas Irea Villa estreaba a categoría cun Pódio o rematar nun moi traballado 3º posto.
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario