Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 27 de septiembre de 2015

MARIA E ZAIDA VOLTAN O PÓDIO


Gran Premio de San Froilán en Lugo con dous novos pódios para as nosas ciclistas que se disputou na tarde de onte na avenida Ramón Ferreiro.

En Alevíns foi unha magoa que por un escaso metro de distancia Luís Mendez se quedara sin o seu primeiro pódio da categoría , pois despois de loitar toda a carreira nos primeiros postos, remataba no 4º posto. Mención tamen merece Adrián Alonso que despois de verse involucrado nunha caída, repúñase e ascendía posicións para rematar 16º.

En Infantíl temén loitaron polos posto de cabeza Mario Fernández e Diego Santomé para acadar os postos 10º e 13º respectivamente mentras que a Fémina Irea Villa acadaba o 6º posto.

En Cadete chegaba o primeiro pódio coa Fémina María Correa que colleitaba o terceiro posto despois de dominar a carreira en varios momentos do percorrido. Pola sua banda o seu compañeiro de equipo Fran Mendez remataba no 26º posto.

Remataba a categoría Júnior e alí Zaida González como ven sendo habitual ésta tempada, voltaba a subir o "caixón" co segundo posto en Féminas mentras que en Masculino Xoel Villa remataba 21º, Ero Sobrino 22º e Adrián Santomé 23º.
Fotos da carreira

domingo, 20 de septiembre de 2015

AS FEMINAS DO CLUB CICLISTA O ROSAL VOLTAN A DARNOS OUTROS DOUS PÓDIOS



Tarde con agradable temperatura a de onte sabado en Ponteareas donde se celebrou o Trofeo Festas de Setembro coas nosas rapazas que un fin de semana sí e o outro tamén, traían dous novos trofeos.

Comenzaba a categoría Cadete na que tomaban a saída Fran Mendez, María Correa e a Júnior Zaida González cun percorribo de 52 Kms. por terras de Ponteareas, As Neves, Salvaterra e Mondariz. Fran e María aguantaban o ritmo ata o kilómetro 22 e Zaida ata o 25, donde perdían tempo co pelotón i eran baixados da carreira.

Continuaban os "ximcaneiros" e tanto Pablo Rodríguez como David Vicente oubesen subido o pódio de non ser por senllos erros cometidos tendo que conformarse a fin cos postos 4º de Pablo e 5º de David.
En Principiantes Iker Rodríguez tamén cometía un erro que o privou da vitória, acadando o 5º posto finalmente.
En Alevín unha mala saída de Luís Mendez que pasou os primeiros metros na derradeira posición, custoulle ter que facer toda a carreira remontando posicións e rematar nun óptimo 13º posto mentras que Adrián Alonso era 18º, David Rodríguez 29º e Sergio Vicente 30º mentras que a Fémina Laura Teniente acadaba o primeiro "caixón" da xornada o rematar na 2ª posición.

Remataban os Infantís e aquí chegaba o segundo pódio da man de Carmen Bello que nunha gran carreira loitaba pola vitória, cousa que o final se lle escapaba por moi pouco en favor de Paula Faraldo (C.C.Vigués) e remataba 2ª mentras que a sua compañeira Irea Villa era 6ª.
En Masculino gran carreira tamén de Mario Fernández e Diego Santomé que por momentos lideraban o pelotón e que colleitaban o 8º e 13º posto respectivamente.
Fotos da carreira

lunes, 14 de septiembre de 2015

VITORIA DE IKER E TERCEIRO POSTO DE CARMEN EN LUOU (TEO)

Onte tocaba visitar o Concello de Teo e concretamente a localidade de Luou, e dende alí traíamos dous novos pódios.

Comenzaba o Principiante Iker Rodríguez que nunha maxistral demostración, dominaba a ximcana con autoridade e se facía co primeiro posto.

En Alevin tan só nos representaba Sergio Vicente que a pesar de pasar nas derradeiras posición o seu primeiro paso por meta, era quien de remontar ata acadar o 17º posto.

En Infantíl chegaba o outro pódio da man de Carmen Bello que nunha gran carreira chegaba a meta na terceira posición de Féminas mentras a sua compañeira Irea Villa se facía co 7º posto mentras que en Masculino era Mario Fernández o que loitaba polas primeiras posicións para nun apretado esprint acadar o 13º posto mentras que Diego Santomé facía 20º.

Para rematar eran as Féminas María Correa e Zaida González as que tomaba parte na carreira de Cadete Masculino polas terras da comarca e mediada a carreira quedaban descolgadas da cabeza i eran baixadas da mesma.
Fotos da carreira

lunes, 7 de septiembre de 2015

CATRO PODIOS ROSALEIROS EN MARÍN




Na tarde do sábado no Trofeo Virxe do Porto en Marín acadabanse outros catro pódios para @s nos@s ciclistas.
O primeiro chegaba de parte do Promesa Pablo Rodríguez que nunha Ximcana donde non cometeu ningún erro, facíase co segundo posto o mesmo que o Principiante Iker Rodríguez que tamén sin nigún erro facía o mesmo que Pablo, ou sexa o segundo.

En Alevín chegaba o terceiro pódio da man da Fémina Laura Teniente que tamén facía segunda mentras en Masculino Luís Mendez era o mais adiantado o rematar 9º seguido de Adrián Alonso 17º, Yasir Martínez 18º e David Rodríguez 28º.

En Infantil o millor rosaleiro era Diego Santomé no 9º posto despois dunha bonita remontada, Mario Fernández 16º, Iago Alvarez 27º e a Fémina Irea Villa 7ª.

En Cadete chegaría o cuarto podio i era María Correa a encarregada de traer para O Rosal o derradeiro trofeo co 3º posto acadado mentras que o seu compañeiro Fran Mendez era 37º.

Para rematar ésta crónica suliñar que na mañán de onte domingo a Júnior Zaida González participaba no Campionato de España en Sabiñáñigo (Huesca) pero non foi quien de acabar a carreira o ter que retirarse.
Fotos da carreira

martes, 1 de septiembre de 2015

ZAIDA GONZALEZ PARTICIPARA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

O vindeiro 3 de setembro Zaida González vai partir cara a Sabiñáñigo (Huesca) donde vai participar nos Campionatos de España en Estrada  a disputar entre os días 5 e 6, defendendo as cores da selección Galega.
Sorte Campiona