Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 20 de septiembre de 2015

AS FEMINAS DO CLUB CICLISTA O ROSAL VOLTAN A DARNOS OUTROS DOUS PÓDIOS



Tarde con agradable temperatura a de onte sabado en Ponteareas donde se celebrou o Trofeo Festas de Setembro coas nosas rapazas que un fin de semana sí e o outro tamén, traían dous novos trofeos.

Comenzaba a categoría Cadete na que tomaban a saída Fran Mendez, María Correa e a Júnior Zaida González cun percorribo de 52 Kms. por terras de Ponteareas, As Neves, Salvaterra e Mondariz. Fran e María aguantaban o ritmo ata o kilómetro 22 e Zaida ata o 25, donde perdían tempo co pelotón i eran baixados da carreira.

Continuaban os "ximcaneiros" e tanto Pablo Rodríguez como David Vicente oubesen subido o pódio de non ser por senllos erros cometidos tendo que conformarse a fin cos postos 4º de Pablo e 5º de David.
En Principiantes Iker Rodríguez tamén cometía un erro que o privou da vitória, acadando o 5º posto finalmente.
En Alevín unha mala saída de Luís Mendez que pasou os primeiros metros na derradeira posición, custoulle ter que facer toda a carreira remontando posicións e rematar nun óptimo 13º posto mentras que Adrián Alonso era 18º, David Rodríguez 29º e Sergio Vicente 30º mentras que a Fémina Laura Teniente acadaba o primeiro "caixón" da xornada o rematar na 2ª posición.

Remataban os Infantís e aquí chegaba o segundo pódio da man de Carmen Bello que nunha gran carreira loitaba pola vitória, cousa que o final se lle escapaba por moi pouco en favor de Paula Faraldo (C.C.Vigués) e remataba 2ª mentras que a sua compañeira Irea Villa era 6ª.
En Masculino gran carreira tamén de Mario Fernández e Diego Santomé que por momentos lideraban o pelotón e que colleitaban o 8º e 13º posto respectivamente.
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario