Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 7 de septiembre de 2015

CATRO PODIOS ROSALEIROS EN MARÍN




Na tarde do sábado no Trofeo Virxe do Porto en Marín acadabanse outros catro pódios para @s nos@s ciclistas.
O primeiro chegaba de parte do Promesa Pablo Rodríguez que nunha Ximcana donde non cometeu ningún erro, facíase co segundo posto o mesmo que o Principiante Iker Rodríguez que tamén sin nigún erro facía o mesmo que Pablo, ou sexa o segundo.

En Alevín chegaba o terceiro pódio da man da Fémina Laura Teniente que tamén facía segunda mentras en Masculino Luís Mendez era o mais adiantado o rematar 9º seguido de Adrián Alonso 17º, Yasir Martínez 18º e David Rodríguez 28º.

En Infantil o millor rosaleiro era Diego Santomé no 9º posto despois dunha bonita remontada, Mario Fernández 16º, Iago Alvarez 27º e a Fémina Irea Villa 7ª.

En Cadete chegaría o cuarto podio i era María Correa a encarregada de traer para O Rosal o derradeiro trofeo co 3º posto acadado mentras que o seu compañeiro Fran Mendez era 37º.

Para rematar ésta crónica suliñar que na mañán de onte domingo a Júnior Zaida González participaba no Campionato de España en Sabiñáñigo (Huesca) pero non foi quien de acabar a carreira o ter que retirarse.
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario