Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 17 de enero de 2016

REMATAMOS A TEMPADA DE CICLOCRÓSS CON TRES NOVOS PÓDIOS






Na mañán de hoxe domingo en Sobrado (Valongo) e polo medio dos viñedos da Quinta das Arcas disputabase a derradeira proba da Taça de Portugal de Ciclocróss o que o mesmo tempo supoñia o peche oficial da especialidade para os nosos ciclistas e a despedida foi en forma de duas novas vitórias e un segundo posto.

Os mais madrugadores eran os Infantís  con Iago Alvarez e Diego Santomé.
Iago nunha boa carreira remataba na sétima posición mentras que Diego a pesar de sair na derradeira posición, foi remontando postos para rematar as duas voltas o circuito o “campeón” e despedindo a competición cunha incontestable vitória con 40 segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado.

Quien tamén vencia de forma abrumadora era Zaida González que na categoría de Sub-23 Feminino, superaba a segunda clasificada en 2 minutos e 44 segundos, quedando o final 3ª clasificada na Copa cunha carreira menos que as suas rivais. Zaida tamén subía o pódio para recoller o trofeo da Cadete María Correa que ainda que hoxe non se desprazou a terras portuguesas por estar mancada, no acumulado de puntos tiña dereito a terceira praza.  

En Cadete masculino Mario Fernández noutra gran carreira  loitou contra as encerronas dos rivais e ainda así era quien de subir o Pódio o acadar o 2º posto e 4º na xeral da Copa tamén cunha carreira menos.

Remataban os Júnior que tamén facían un grande esforzo para que Adrián Santomé acadase o 11º posto, Xoel Villa o 13º i Ero Sobrino o 14º.

lunes, 11 de enero de 2016

TERCEIRO POSTO DE DIEGO SANTOMÉ NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCRÓSS

 Este venres, sabado e domingo celebraronse en Torrelavega (Cantabria) os Campionatos de España de Ciclocróss e ata alí nos desplazamos co equipo rosaleiro que participa nesta especialidade agás María Correa que se atopa convalecente dun accidente.

As probas comenzaban o venres coas especialidade de Relevos donde o C.C. O Rosal non tiña ningún participante e donde a Selección Galega se lle escapaba a Medalla de Bronce o estilo "Carlos Sainz", pois o derradeiro relevista galego (Mauro González) sofría unha avaría a escasos metros da liña de meta que lle facía perder o Pódio e rematar na 4ª posición.

Xa no sabado as 12 da mañán era a nosa Zaida González a que entraba en competición defendendo as cores da Selección Galega realizando unha gran carreira o entrar na liña de meta no noveno posto o que dice moito da súa valía.
Xa logo as 5 da tarde chegaba a hora da categoría de Promoción (Infantís) e aquí saltaban a pista Iago Alvarez e Diego Santomé. Comenzaba a carreira cos "nosos" saindo dende as derradeiras posicións na liña de saída polo que Diego no primeiro tramo do circuito pasa décimoprimeiro para logo nunha memorable remontada ir ascendendo posicións para mediado o circuito pasar sexto, pero Diego ainda non tiraba a toalla e o final remataba nese impresionante terceiro posto que ainda que oficialmente non conta para os Campionatos de España, ahí queda ese Trofeo que o acredita como o Campión que é. Pola sú banda Iago tamén loitaba o indecible para rematar nun honroso 7º posto.

No domingo pola mañán disputabanse as derradeiras probas e o primeiro en saltar o "ruedo" era Mario Fernández que como Zaida tamén defendía o "maillot" da Selección Galega e nun circuito totalmente enlameado por mor da choiva caída durante a noite anterior e que non parou ata disputada xa a primeira volta, Mario fiel o seu pundonor loitaba contra os elementos e remataba nunha estupenda 16ª posición

A volta da media mañán eran os Júnior os que que se enfrontaban o duro circuito e aquí os nosos representantes voltaban a poñer todo da súa parte para que Adrián Santomé rematase como millor "rosaleiro" no 54º posto na súa primeira experiencia nun Campionato de España. Xoel Villa era o seguinte na clasificación o rematar 57º i Ero Sobrino 61º.
Fotos dos Campionatos

lunes, 4 de enero de 2016

PECHAMOS A TEMPADA GALEGA DE CICLOCROSS CON TRES NOVOS PÓDIOS




Onte ploa mañan en Maceda (Ourense), dábase por rematado o Calendario Galego de Ciclocróss e o mesmo tempo a Copa Galicia da especialidade nos arredores do bonito Castelo desta localidade ourensá e os nosos ciclista nos viñeron coas mans valeiras xa que trouxeron tres Pódios que o mesmo tempo valían para acadar dous Subcampionatos da Copa Galicia.

Comenzaban como de costume os Infantís da categoría de Promoción e Diego Santomé de novo subía o "caixón", desta volta na 3ª praza mentras que Iago Alvarez remataba 5º.

En Cadete era Mario Fernández quien acadaba outro Podio, tamén na 3ª posición que lle valía para rematar no segundo posto da Copa Galicia. A Fémina María Correa non asistía a ésta carreira por estar mancada.o mesmo que o Júnior Adrián Santomé.

Na categoría Júnior tanto Xoel Villa como Ero Sobrino acadaban os seus millores resultados da tempada o rematar 7º e 9º respectivamente.
Pola súa banda Zaida González era a encarregada de subir o terceiro Pódio da xornada o rematar 2ª, o que lle valía para rematar tamén segunda da Copa Galicia.

Unha vez rematada a tempada galega de Ciclocróss xa tan só queda a derradeira proba da Taça de Portugal e os Campionatos de España que se disputan a vindeira fin de semana, campionatos os que tanto Mario como Zaida van acudir selecionados coa Selección Galega.
 Fotos da carreira