Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 17 de enero de 2016

REMATAMOS A TEMPADA DE CICLOCRÓSS CON TRES NOVOS PÓDIOS






Na mañán de hoxe domingo en Sobrado (Valongo) e polo medio dos viñedos da Quinta das Arcas disputabase a derradeira proba da Taça de Portugal de Ciclocróss o que o mesmo tempo supoñia o peche oficial da especialidade para os nosos ciclistas e a despedida foi en forma de duas novas vitórias e un segundo posto.

Os mais madrugadores eran os Infantís  con Iago Alvarez e Diego Santomé.
Iago nunha boa carreira remataba na sétima posición mentras que Diego a pesar de sair na derradeira posición, foi remontando postos para rematar as duas voltas o circuito o “campeón” e despedindo a competición cunha incontestable vitória con 40 segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado.

Quien tamén vencia de forma abrumadora era Zaida González que na categoría de Sub-23 Feminino, superaba a segunda clasificada en 2 minutos e 44 segundos, quedando o final 3ª clasificada na Copa cunha carreira menos que as suas rivais. Zaida tamén subía o pódio para recoller o trofeo da Cadete María Correa que ainda que hoxe non se desprazou a terras portuguesas por estar mancada, no acumulado de puntos tiña dereito a terceira praza.  

En Cadete masculino Mario Fernández noutra gran carreira  loitou contra as encerronas dos rivais e ainda así era quien de subir o Pódio o acadar o 2º posto e 4º na xeral da Copa tamén cunha carreira menos.

Remataban os Júnior que tamén facían un grande esforzo para que Adrián Santomé acadase o 11º posto, Xoel Villa o 13º i Ero Sobrino o 14º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario