Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 11 de enero de 2016

TERCEIRO POSTO DE DIEGO SANTOMÉ NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCRÓSS

 Este venres, sabado e domingo celebraronse en Torrelavega (Cantabria) os Campionatos de España de Ciclocróss e ata alí nos desplazamos co equipo rosaleiro que participa nesta especialidade agás María Correa que se atopa convalecente dun accidente.

As probas comenzaban o venres coas especialidade de Relevos donde o C.C. O Rosal non tiña ningún participante e donde a Selección Galega se lle escapaba a Medalla de Bronce o estilo "Carlos Sainz", pois o derradeiro relevista galego (Mauro González) sofría unha avaría a escasos metros da liña de meta que lle facía perder o Pódio e rematar na 4ª posición.

Xa no sabado as 12 da mañán era a nosa Zaida González a que entraba en competición defendendo as cores da Selección Galega realizando unha gran carreira o entrar na liña de meta no noveno posto o que dice moito da súa valía.
Xa logo as 5 da tarde chegaba a hora da categoría de Promoción (Infantís) e aquí saltaban a pista Iago Alvarez e Diego Santomé. Comenzaba a carreira cos "nosos" saindo dende as derradeiras posicións na liña de saída polo que Diego no primeiro tramo do circuito pasa décimoprimeiro para logo nunha memorable remontada ir ascendendo posicións para mediado o circuito pasar sexto, pero Diego ainda non tiraba a toalla e o final remataba nese impresionante terceiro posto que ainda que oficialmente non conta para os Campionatos de España, ahí queda ese Trofeo que o acredita como o Campión que é. Pola sú banda Iago tamén loitaba o indecible para rematar nun honroso 7º posto.

No domingo pola mañán disputabanse as derradeiras probas e o primeiro en saltar o "ruedo" era Mario Fernández que como Zaida tamén defendía o "maillot" da Selección Galega e nun circuito totalmente enlameado por mor da choiva caída durante a noite anterior e que non parou ata disputada xa a primeira volta, Mario fiel o seu pundonor loitaba contra os elementos e remataba nunha estupenda 16ª posición

A volta da media mañán eran os Júnior os que que se enfrontaban o duro circuito e aquí os nosos representantes voltaban a poñer todo da súa parte para que Adrián Santomé rematase como millor "rosaleiro" no 54º posto na súa primeira experiencia nun Campionato de España. Xoel Villa era o seguinte na clasificación o rematar 57º i Ero Sobrino 61º.
Fotos dos Campionatos

No hay comentarios:

Publicar un comentario