Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 25 de septiembre de 2016

PRIMEIRA VITORIA DE ROI, SEGUNDO POSTO DE MARÍA E TERCEIRO DE IREA




Longo desprazamento o de onte sábado a Lugo donde a nosa representación se facía con tres novos Pódios.

O primeiro foi o de Roi Alvarez que por vez primeira subía o caixón da categoría Promesa e o facía o grande, pois dominóu a proba de maneira contundente sin ningún erro e con grande rapidez para levarse o triunfo na categoría

En Principiante a Fémina Irene Rodríguez ainda que tampouco cometía ningún erro, por tempos quedaba relegada a 6ª praza.

En Infantís era a Fémina Irea Villa a que nos daba unha alegría o voltar o "caixón" co terceiro posto despóis de longo tempo ausente dos postos de honra.
 En Masculino destacar a grande carreira realizada por Luís Mendez que sempre estivo no grupo de cabeza e loitou ata o derradeiro esprint para acadar o 9º posto mentras que Diego Santomé era 14º, Iago Alvarez 19º e Adrián Alonso 30º.

A categoría Cadete nos agasallaba co terceiro Pódio e non podía ser outra que a incombustible María Correa que acadaba a 2º pòsición cunha comoda vantaxe sobre as súas perseguidoras.
En Masculino era Mario Fernández o que tamén facía toda a carreira no pelotón de cabeza con chegada  esprint e rematando no 11º posto.
Fotos da carreira

domingo, 18 de septiembre de 2016

VITORIA DE PABLO EN PORRIÑO

Nova vitória de Pablo Rodríguez, desta volta no 39º Trofeo Ferstas do Cristo de Porriño.

Comenzaron a competición os Alevíns e Sergio Vicente vítima de problemas mecánicos nos primeiros metros, acadaba o 5º posto seguido de Yasir Martínez no 6º e David Rodríguez tamén con problemas no cambio que era 20º.

Seguiron os Infantís que debido a grande cantidade de corredores, competiron en duas mangas donde se clasificarían os dez primeiros de cada unha. Na primeira delas tanto Adrián Alonso como Iago Alvarez non lograban clasificar para a final e quedaban eliminados.
Na segunda manga eran Luís Mendez e Diego Santomé os que loitarían por entrar nos dez primeiros, cousa que acadaba Luís mentras que Diego era vítima dunha caída na derradeira volta o circuito cando marchaba nas primeiras posicións e entraba no 18º lugar.

Sería agora o turno das Féminas Infantís e tanto Irea Villa como Laura Teniente non tiñan a súa tarde e remataban 6ª e 7ª respectivamente.

Era tempo para os Promesas e Roi Alvarez acadaba o 6º posto mentras que Lucas Alvarez era 11º.
En Principiantes chegaba de novo a vitória de Pablo Rodríguez mentras que Iker cometía un erro no obstáculo da garrafa e remataba 9º, David Vicente era 17º e Alvaro González 20º mentras que a Fémina Irene Rodríguez loitaba por un posto no "caixón" pero que a fin tiña que contentarse co 4º posto.

Para rematar, entraba de novo a categoría de Infantíl para a disputa da final con Luís que defendería as cores do C.C. O Rosal acadando un meritório 12º posto final.
Fotos da carreira

miércoles, 14 de septiembre de 2016

DHI DE ARCOS DE VALDEVEZ (PORTUGAL)


 No día do domingo a sección de BTT DH competía en terras portuguesas, concretamente en Arcos de Valdevez cos primeiros Pódios da especialidade.
Estes Pódios chegaban de mans do Cadete Rafa Rey que remataba no terceiro posto e do Júnior Adan Castiñeira que era primeiro mentras que César Cividanes acadaba o 10º posto e Adrián Santomé o 12º.
Fotos por Paco Santomé

domingo, 11 de septiembre de 2016

A EXPEDICIÓN A CORISTANCO ACADA CATRO NOVOS PÓDIOS








Grande espectáculo o que nos brindóu onte a nosa representación no I Trofeo Concello de Coristanco, pois de oito expedicionarios, o cincuenta por cento acadou Pódio e o outro cincuenta raiou a perfección.

Comenzou a categoría de Principiantes e aquí tanto Iker como Irene traían para O Rosal cada un o seu trofeo o rematar segundos en masculino e feminino respectivamente.

En Infantís era de novo Laura Teniente a encarregada de conquistar o terceiro "caixón" da tarde o acadar tamén o segundo posto en Feminino cunha grande Irea Villa no 4º posto.
En Masculino era Diego Santomé o que a piques estaba de acadar o seu primeiro Pódio, pois nun apretadísimo esprint na loita do terceiro posto,  por escasos oitenta centímetros se lle escapaba o mesmo e remataba no 4º posto. Carreirón tamén de Luís Mendez que se agarrou o grupo perseguidor e remataba nun gran 8º posto. Para Adrián Alonso tamén o mesmo recoñecimento, pois o igual que Luís, tamén se integraba noutro grupo e realizaba a sua millor carreira da tempada e remataba 20º.

Para rematar era a Cadete María Correa a que se levaba o primeiro posto da categoría e que na loita coas Júnior acadaba o segundo da xeral.
Fotos da carreira

martes, 6 de septiembre de 2016

EN MARÍN CAIRON OUTROS TRES PÓDIOS

O pasado sábado de novo tres novos Pódios dende Marín co gallo do Trofeo Virxe do Porto.

Os Promesas Lucas e Roi Alvarez acadaban os postos  9º e 14º respectivamente mentras que en Principiantes era de novo Iker Rodríguez o que subía o "caixón" o rematar na 2ª posición, seguido de Pablo Rodríguez que era 6º mentras que Irene Rodríguez era 4ª.

En Alevíns Podio de novo para Sergio Vicente que era 3º, con Yasir Martínez no 5º, David Rodríguez 11º, David Carnero 12º e Rubén Carnero 14º.

Remataban os Infantís e Laura Teniente de novo subía o mais alto o levarse a vitória mentras que Irea Villa era 4ª. En Masculino Diego Santomé era 7º, Luís Mendez 10º, Iago Alvarez 17º e Adrián alonso 29º.
Fotos da carreira