Nova vitória de Pablo Rodríguez, desta volta no 39º Trofeo Ferstas do Cristo de Porriño.
Comenzaron a competición os Alevíns e Sergio Vicente vítima de problemas mecánicos nos primeiros metros, acadaba o 5º posto seguido de Yasir Martínez no 6º e David Rodríguez tamén con problemas no cambio que era 20º.
Seguiron os Infantís que debido a grande cantidade de corredores, competiron en duas mangas donde se clasificarían os dez primeiros de cada unha. Na primeira delas tanto Adrián Alonso como Iago Alvarez non lograban clasificar para a final e quedaban eliminados.
Na segunda manga eran Luís Mendez e Diego Santomé os que loitarían por entrar nos dez primeiros, cousa que acadaba Luís mentras que Diego era vítima dunha caída na derradeira volta o circuito cando marchaba nas primeiras posicións e entraba no 18º lugar.
Sería agora o turno das Féminas Infantís e tanto Irea Villa como Laura Teniente non tiñan a súa tarde e remataban 6ª e 7ª respectivamente.
Era tempo para os Promesas e Roi Alvarez acadaba o 6º posto mentras que Lucas Alvarez era 11º.
En Principiantes chegaba de novo a vitória de Pablo Rodríguez mentras que Iker cometía un erro no obstáculo da garrafa e remataba 9º, David Vicente era 17º e Alvaro González 20º mentras que a Fémina Irene Rodríguez loitaba por un posto no "caixón" pero que a fin tiña que contentarse co 4º posto.
Para rematar, entraba de novo a categoría de Infantíl para a disputa da final con Luís que defendería as cores do C.C. O Rosal acadando un meritório 12º posto final.
Fotos da carreira
No hay comentarios:
Publicar un comentario