Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 11 de septiembre de 2016
A EXPEDICIÓN A CORISTANCO ACADA CATRO NOVOS PÓDIOS
Grande espectáculo o que nos brindóu onte a nosa representación no I Trofeo Concello de Coristanco, pois de oito expedicionarios, o cincuenta por cento acadou Pódio e o outro cincuenta raiou a perfección.
Comenzou a categoría de Principiantes e aquí tanto Iker como Irene traían para O Rosal cada un o seu trofeo o rematar segundos en masculino e feminino respectivamente.
En Infantís era de novo Laura Teniente a encarregada de conquistar o terceiro "caixón" da tarde o acadar tamén o segundo posto en Feminino cunha grande Irea Villa no 4º posto.
En Masculino era Diego Santomé o que a piques estaba de acadar o seu primeiro Pódio, pois nun apretadísimo esprint na loita do terceiro posto, por escasos oitenta centímetros se lle escapaba o mesmo e remataba no 4º posto. Carreirón tamén de Luís Mendez que se agarrou o grupo perseguidor e remataba nun gran 8º posto. Para Adrián Alonso tamén o mesmo recoñecimento, pois o igual que Luís, tamén se integraba noutro grupo e realizaba a sua millor carreira da tempada e remataba 20º.
Para rematar era a Cadete María Correa a que se levaba o primeiro posto da categoría e que na loita coas Júnior acadaba o segundo da xeral.
Fotos da carreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario