A tempada 2016-2017 de Ciclocróss rematuo para os nosos ciclistas coa derradeira proba da Taça de Portugal en Melgaço nunha mañan xélida con dou grados baixo cero a 10:00 horas.
Despois das vitórias no calendario galego, postos altos na Copa de España, Subcampionato de Galicia e sexto posto no Campionato de España, Mario Fernández pechaba a tempada con outra vitória na categoría Cadete pertencente a Copa de Portugal nunha carreira que dominóu dende principio ata o fin a pesar de que na derradeira volta sofría un pinchazo que lle obrigaba a facer medio circuito a pé.
Xoel Villa tamén despedía a tempada co sexto posto na categoría de Sub-23.
Por outro lado non queremos deixar atrás a Iago Alvarez que no domingo pasado tamén tomou parte na Copa de Portugal en Paredes e a piques estaba de subir o Pódio o rematar no 4º posto.
FOTOS DA CARREIRA DE MELGAÇO
No hay comentarios:
Publicar un comentario