Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 9 de enero de 2017

SEXTO POSTO DE MARIO FERNÁNDEZ NO CAMPIONATO DE ESPAÑA EN VALENCIA



Durante os días 6, 7,e 8 disputaronse os Campionatos de España de Ciclocróss na cidade de Valencia cun grandísimo 6º posto de Mario Fernández na categoría Cadete.

As competicións comenzaban o venres coa disputa da prova de Relevos por Equipos Autonómicos. O combinado galego estaba composto por Desiré Duarte (féminas), Andrés Calvete (máster-30), Mauro González (elite), Samuel González (Sub´23), Iván Feijoo (júnior) e Carlos Canal (cadete). Éstes seis "galegos" agasallábannos cunha carreira de infarto, pois ata o final non se decidiu quen se levaría o Ouro e éstes non foros outros que os compoñentes da Selección Galega que por pimeira vez se traían o primeiro posto para Galicia.

Xa no sábado era "Lucho" Carretero (C.C. Cambre) o que se facía coa Medalla de Bronce en Máster-30 A para logo mais tarde comenzar a carreira de Sub-23 donde tomaba parte o integrante do C.C. O Rosal  Xoel Villa que acadaría o 30º posto. O que acadaría un millor posto era o rosaleiro Raúl Fernández que se facía co 7º lugar da clasificación mentras que Samuel González (C.C. Salvaterra) colleitaba a segunda medalla para a Selección Galega o facerse coa de Prata.

No derradeiro dia de competicións en Cadetes o Club Ciclista O Rosal estaba representado por Iago Alvarez e Mario Fernández que defendía as cores do combinado autonómico.
Comenzóu a carreira cun altísimo ritmo con contínuos ataques nas posicións dianteiras para co paso das voltas quedar tan só un grupo dos que formaba parte Mario, que pelexaba por estar diante. Tivo momentos que baixou ata a oitava posición pero na derradeira volta recuperábase e ascendía ata ésta magnífica sexta praza. Mentras tanto Iago coa desvantaxe de sair nas derradeiras posicións era quien de remontar dende o posto 75 ata o 56 no final da carreira.
Aquí tamén señalamos outra medalla galega, neste caso para Calos Canal que se facía coa Prata.

A derradeira medalla para Galicia viña da man dun grandísimo Iván Feijóo (C.C. Maceda), que nunha magnífica carreira se facía co triunfo e deste xeito coa Medalla de Ouro.
FOTOS DOS CAMPIONATOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario